mércores, 15 de xuño de 2016

FALAMOS DE O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: O LADRÓN DE SOÑOS

O mércores 1 de xuño, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños.



O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truhán a xornada completa. E a súa viaxe á procura do lendario Diario do Cartógrafo, no que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sacras, imposibles aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.

Comezamos facendo unha pequena introducción do autor Fernando M. Cimadeviladestacando os aspectos
relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.

O libro presenta influencias de "A historia interminable" de Michael Ende ou "O Hobbit" de Tolkien en xeral.

Resultou un pouco aburrido ao principio ata que saen de aventura. Ademais dá demasiada información (mitoloxía exipcia) que retarda a lectura e pode facela algo pesada.

Por outra banda engancha polo público ao que vai dirixido o libro, pola forma de comezar cada capítulo con citas sobre gatos ou polo curioso tío Peter que acompaña ao seu sobriño.

Trátase dunha novela infantil/xuvenil, pero que transmite valores adultos: nunca deberiamos perder a capacidade de imaxinación.

Chamou a atención a metaliteratura: a historia dentro da historia, con catro relatos paralelos.


Finalmente a mensaxe que nos transmite este libro é o duns seres que se dedican a roubar soños aos nenos e o empeño de Peter e Basilius será deter a eses ladróns e deixar que os nenos sigan soñando.




Ningún comentario:

Publicar un comentario