martes, 14 de xuño de 2016

FALAMOS DE PERSÉPOLE

O martes 31 de maio, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de Persépole.



Persépole é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun regimen fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país.

Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra  e sobre a autora Marjane Satrapi e a continuación
pasamos a comentar o libro. 

Persépole é un libro de aventuras que temporalmente coincide coa adolescencia da protagonista. Baixo este aspecto latexa unha crítica áfalta de liberdade tanto inividual como colectiva.

Ao alumnado que participa no club de lectura gustoulles moito dado o seu formato de cómic, xa que así a lectura fíxoselles moi amena. Quizais fose por esta circunstancia, pero, o certo foi que este libro suscitou a maior participación do alumnado no debate.

Máis alá das dificultades e detalles singulares da vida dunha nena en Irán, latexan as preocupacións sobre unha situación persoal que hoxe é moi habitual en Europa. Esa
adolescente comeza a espertar e a decatarse da situación dos seu pais e particularmemente a súa persoa.

Trascendendo que quira ser profeta, a discusión sobre o veo ou a controversia política (ela lía a Marx), o libro descríbenos unha mocidade que está moi implicada nos temas que importan en Europa, fálanos, por primeira vez, dunha xuventude formada, preocupada polo futuro.

Será por isto que interesou e suscitou tanto debate entre o noso alumnado?



Ningún comentario:

Publicar un comentario