O martes 29 de abril, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de A ladroa de libros.
O libro trasládanos á Alemaña nazi e narra a historia de unha nena de nove anos, Liesel Meminger, que tras a desaparición dos seus pais é adoptada pola familia Hubermann. Co seu pai adoptivo, Hans, a rapaza introducirase na literatura tras furtar o seu primeiro libro: O Manual Do Sepultureiro. na súa aventura, ademáis de descubrir o pracer da lectura, liesel coñecerá novos amigos, un neno fanático de Jesse Owens chamado Rudy, e un refuxiado xudeo, Max que se esconde no soto dos Hubermann.
Comezou a reunión con una pequena introducción sobre o autor e a súa obra e a continuación pasamos a falar sobre o que nos parecera a novela. Comentouse:
Comezou a reunión con una pequena introducción sobre o autor e a súa obra e a continuación pasamos a falar sobre o que nos parecera a novela. Comentouse:
- A idea de que as palabras son moi poderosas e que poden manipular a mente das persoas.
- Que a lectura é, en moitos casos, o único medio para fuxir dunha realidade horrosa.
- O tema da amizade. Na novela as relacións persoais colócanse por riba das imposicións; os amigos son amigos ata superar as prohibicións de manter esa relación, pasando tamén sobre os lazos familiares.
- O tema da morte, que está presente desde o comezo do libro e a medida que lemos, imos agardando os sucesivos desenlaces. A visión da morte que da a novela está exenta de dramatismo, case da medo, xa que é unha morte humanizada.
- A coherencia, o realismo e a solidariedade dos personaxes. Estes presentan varias contraposicións de caracteres, pero ao final triunfan sempre os sentimentos e os principios.
- As marabillosas descricións, realistas e detalladas; sobre todo, das cores que nos transmiten sensacións e moven a nosa imaxinación.
- A capacidade dos nenos para rir e xogar nas situacións máis dolorosas. A lectura e as palabras son quen de sosegalos nos episodios máis violentos.
- A importancia do coñecemento: sabendo ler se é máis libre, xa que coa lectura aprendemos cousas e ese saber proporciona liberdade, polo que o coñecemento che da o poder de decidir por ti mesmo.
- O xogo que se establece co libro de Hitler Mein Kampf: as follas do libro reutilizanse, así borran o horror escrito nelas e crean a súa propia "loita", un nova vida máis humanizada, solidaria e na que os sentimentos superan a barbarie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario