luns, 12 de marzo de 2018
O ACHADO DO CASTRO
X. F. REDACCIÓN LA VOZ 25/07/2014 07:00 H
O achado do castro estreouse en 1983 nunha función escolar e dende entón a obra foi representada en numerosos centros. Publicada orixinariamente en 1991, Manuel Núñez Singala volver dar ao prelo esta peza, con lixeiros cambios de normativa na lingua e unha modificación para un dos personaxes: agora chasca os dedos e non dá unha palmada, xa que adoitaba provocar o aplauso do público. Esta anécdota evidencia tamén a boa acollida dun texto que xoga con humor coas convencións teatrais -os personaxes preséntase a si mesmos- e saca partido das imaxes asociadas ao mundo da romanización. A partir do recurso da aparición dunha obra de teatro nun castro, a historia desenvólvese con personaxes especialmente cómicos como Manolitus ou o Emperador, que agora divirten a unha nova xeración.
O achado do castro, de Manuel Núñez Singala
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario