O xoves 12 de fdebreiro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de A granxa dos animais.
A granxa dos animais, escrita durante a Segunda Guerra Mundial, é unha sátira contra as ditaduras, unha fábula moderna publicada en 1945, na que George Orwell critica os totalitarismos e a corrupción, e nos fai reflexionar con mestría sobre as causas que os levan a desenvolverse e, sobre todo, a aceptalos. Orwell traslada este conto para adultos a un espazo de fantasía e dótao de carácter alegórico, onde os personaxes de ficción da novela simbolizan aos protagonistas de Revolución soviética.
Unha noite, cando o granxeiro jones vai durmir, todos os animais da Granxa Manor se reúnen e, liderados por un porco sabio, o vello Comandante, deciden loitar en contra dos seus amos. A rebelión triunfa, os humanos son botados a couces e os porcos Napoleón e Folerpa proclaman un novo sistema social baixo a lei que declara que "todos os animais son iguais". pero as ensinanzas do vello Comandante vense alteradas cando os seus sucesores chegan ao poder.
Comezamos facendo unha semblanza do autor, George Orwell, destacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar.
A continuación pasamos a comentar o libro. Falamos , entre outras cousas, de:

- Que son as fábulas? podería tratarse esta novela dunha fábula?
- Centramos o tema coa pregunta: como empeza a revolución? comentamos o papel dos porcos e o seu significado ao seren considerados personaxes principais.
- Falamos dos mandamentos que establecen os animais, limos os que tiñan nun principio e os que quedaron ao remate.
- Os símbolos da obra tamén son obxecto da nosa conversa: o papel das ovellas (campesinado asoballado), o corvo (a igrexa), a pezuña e o corno (facendo mofa da fouce e o martelo comunistas), a canción ou himno que crean como símbolo de poder, etc...
Ningún comentario:
Publicar un comentario