O xoves 23 de abril, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de Billy Elliot.
Billy Elliot conta a historia dun neno que loita contra os estereotipos e os prexuizos dunha comunidade patriarcal, pobre e de mente pechada, na Inglaterra dos anos 80. Época convulsa de goberno de Margaret Thatcher: reconversión industrial, paro, flogas de mineiros...
Comezamos a reunión situando a obra no seu contexto histórico: a Inglaterra dos anos 80, e a continuación citáronse algúns datos do autor, Melvin Burguess.
Preguntoselle aos asistentes se viran a película na que se basea o novela. A continuación pasamos a comentar o libro. Falouse, entre outras cousas, de:
- Os prexuizos sociais, o seu pai quere que faga boxeo e que cando creza sexa mineiro, como el. Que Billy faga ballet, choca coa forma de pensar do seu pai e da xente do pobo onde vive. Todos coincidimos na mentalidade pechada que presenta o seu pai e en que, como fai Billy, non deberiamos deixarnos levar por "o que dirán" e tratar de conseguir o que un quere.
- A homosexualidade, marcada na novela polos estereotipos: os homes fan boxeo, as mulleres ballet. Billy rompe con estes estereotipos, el fai ballet porque é o que máis lle gusta. Chegamos a conclusión de que o importante é ser unha persoa e non deixarnos influír polos patróns sociais.
- A amizade e o respecto, mentres que algúns dos nenos do pobo o rexeitan por facer ballet; Michael, amigo de Billy e que tamén sofre rexeitamento social por ser homosexual, apoiao ata o final. Os bos amigos respéctante como persoa e respectan as túas decisións. Comentouse a frase "a miña liberdade remata onde comeza a liberdade do outro".
- O esforzo e a loita, Billy representa o ideal de persoa que loita polo que un quere, polos seus sonos. El esfórzase e enfróntase a todo e a todos por conseguir o que quere, facer ballet. Falamos de que a perseveranza e a ilusión te levan a un bo final e que a imposición a traballar ou estudar algo que non che gusta, pode levarte a frustración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario