O víxia no centeo narra as peripecias do adolescente Holden Caulfield nunha Nova York que se recupera da guerra. Na súa confesión sincera e sen disimulos, moi lonxe da visión melosa que imperaba da adolescencia ata entón, Holden desvélanos a realidade dun rapaz enfrontado ao fracaso escolar, ás ríxidas normas dunha familia tradicional, á experiencia da sexualidade máis alá do mero desexo.
Comezamos facendo un repaso a biografía do autor, J.D. Salinger, destacando os aspectos relacionados coa publicación da súa obra.
A continuación pasamos a comentar o libro. Falamos , entre outras cousas, de:
A continuación pasamos a comentar o libro. Falamos , entre outras cousas, de:
- A sociedade de Nova York e, en xeral, da a sociedade estadunidense despois da Segunda Guerra Mundial.
- As notas autobiográficas que presenta a novela como son que o protagonista está ingresado nun psiquiátrico, acada malos resultados académicos oua decisión de ir á guerra, feito que marcará o seu carácter.
- Que trátase dunha novela de iniciación, xa que nos leva desde a infancia á madurez do protagonista.
- Que Holden Caulfield é un ser marxinal, pero de clase media-alta, porque utiliza un vocabulario pouco coidado e ata vulgar e porque el mesmo define a súa infancia como "piollosa".
- A problemática dun adolescente inadaptado ao sistema que presenta o libro, el é capaz e hai profesores que o axudan, pero o sistema educativo e social fórzano a irse marxinando.
- A parte emocional que mostra o protagonista, el está traumatizado pola morte do seu irmán e pola descuberta da dor por ese falecemento. E por iso polo que protexe a súa irmá pequena e porque ve nela a trasparencia e a falta de hipocresía e mentira.
- O fracaso de Holden Caulfield nos estudos e no amor, él desexa ser adulto pero sen pasar a etapa de
- O diálogo que o protagonista mantén con dous dos seus antigos profesores. Descubrimos dous modelos. Por un lado está o vello profesor que o acariña e intenta levalo polo bo camiño. Ao seu carón está o profesor novo que o entende porque el tamén rompe coa norma, non é tampouco un modelo a seguir (é acólico e ten unha relación especial coa muller).
Para rematar dicir que o libro gustou moito porque a temática conecta coas inquietudes do alumnado adolescente. Os alumnos destacaron que o protagonista fose un adolescente expulsado do seu instituto que non quere que os seus pais o saiban. E precisamente, o seu éxito débese a esa trasgresión que presenta (vocabulario vulgar, crica aos pais, adolescente marxinal,...) nunha sociedade tan puritan como é a americana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario