O xoves 18 de xuño, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de Catherine.
Catherine cóntanos a infancia en París dunha nena a través duns cantos esfiañados e desenfocados recordos. A súa nai, bailarina de pouca fama en cabarés e que ten que emigrar a Estados Unidos para buscarse un futuro, mentres que o seu pai, que trapichea con todo tipo de mercadoría nun grande almacén xunto a un curioso e impertinente socio, son a única familia de Catherine. Ela estuda e comeza as súas primeiras prácticas de ballet nunha escola de danza dunha muller rusa, Madame Dismailova, aínda que a súa orixe é incerta.
Para bailar obrígalle a quitar os lentes, xa que unha bailarina non pode levalas ao bailar, e a través diso Catherine descobre un novo mundo, máis suave e fermoso, máis esvaído e imaxinativo, ao que acode a miúdo. E ás veces xunto a seu pai.
Comezamos facendo unha pequena introducción do autor Patrick Modiano, destacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar.

A continuación pasamos a comentar o libro. Falamos , entre outras cousas, de:
- A importancia de que un escritor que acada o premio Nobel dedíquese tamén a facer relatos e novelas para un público xuvenil.
- O elemento vertebrador: as gafas. A protagonista ve dúas realidades íntimamente unidas: o mundo real e o mundo soñado, borroso e imaxinado.
- A protagonista é unha rapaza inocente que mira ao mundo sen maldade. Ás veces, quereriamos ser así: poder ver un mundo ideal e feliz. Comenta a infancia desde a madurez, pois cando escribe o relato ela xa é adulta. A obra está ambientada na posguerra.
- Resulta moi curioso o personaxe da nai, bailarina non de ballet clásico senón de cabaré. Elucubramos as razóns polas que a nai marchou do fogar. Decatámonos da importancia dunha fotografía como elemento que permite descifrar aspectos da trama.
- Ao pai, home moi positivo, posiblemente contrabandista, atopámoslle parecido co protagonista da película "La vida es bella", pois ambos transforman a realidade para amosar un mundo agradable para os seus fillos. Pola contra, o socio deste home é unha persoa gris; quere facerse importante como poeta pero resulta ridículo e pedante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario