O mércores 19 de febreiro
reuniuse o grupo Os Chocos do Club de Lectura A Illa dos
Libros para falar da novela de Cesar Mallorquí A Illa de Bowen.
Comezou a reunión cunha
pequena presentación sobre o autor e a súa obra, para pasar, a continuación, a
comentar o libro.
Para todos A Illa de Bowen é unha volta á novela de aventuras do
século XIX. Lendo o libro relés a Julio Verne,
a George Wells, a Arthur Conan Doyle e
a Stevenson. Está claro que esa era a intención do autor ao
escribir a novela. Hai múltiples referencias á obra de Verne –Phineas Fogg e
o capitán Nemo son
nomeados na novela-, así como xogos metaliterarios -o propio Conan Doyle dá
unha conferencia no libro-. Así nos mostra o autor a influencia que estas
lecturas tiveron sobre el. Ademais, a curiosidade científica que as historias
de Julio Verne tiñan,
plásmanse no texto.
En canto aos personaxes da novela coincidimos en
que son, na súa maioría, uns personaxes entrañables, aínda que resulten planos
e caricaturescos, cortados cun patrón bastante claro e tópico: científico
desorganizado e caótico, fotógrafo novo que non sabe onde se mete, malo malísimo...
Son arquetipos, pero están ben utilizados.
Un dos temas que máis se
comentou foron os personaxes femininos da novela. O papel da muller no libro
está desprestixiado, os personaxes masculinos son machistas e son os femininos, Elisabeth e Kathy, os
que demostran, a medida que a historia se vai desenvolvendo, a capacidade
intelectual e física da muller.
Chamounos a atención a tremenda historia de Samuel Durango, as fotos de guerra, a súa vida tétrica...; o acepta o traballo para escapar e acaba encontrándose a si mesmo.
O final da novela sorprendeunos e recordounos a algunhas películas de ciencia-ficción. A nosa pregunta foi. Por que a suposta intelixencia artificial non os elimina?
Ningún comentario:
Publicar un comentario