mércores, 6 de novembro de 2019

IDENTIDADE SEXUAL

Aproveitando a celebración o 20 de novembro do Día da Memoria Trans polo Concello de Redondela, o alumnado decorou un banco coas cores deste colectivo que situamos na entrada da nosa Biblioteca. Tamén asistimos a unha charla coa Asociación Nós Mesmas.

O 25 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CHARLA CON EVA MEJUTO COMPARTIDA CO IES PEDRO FLORIANI


NO GRUPO DOS CHOQUIÑOS LEREMOS A IRIA MISA


 

XANTAR DE EVA MEJUTO NO FLORIANI
Compartimos xantar coa autora de 22 segundos, alumnos e profes do Club de lectura do Ies Pedro Floriani este luns 25 de novembro.
Coñecemos da existencia dunha canle en Youtube dos mozos trans de España, falando das súas "transicións".As siglas son FTM "female to male".
Ademais a autora falounos do libro e de Marcos, rapaz no que se inspirou. Contestou ás nosas preguntas e soubemos que a chamativa portada escolleuna, canda a viu no Instagram de Marcos e lle contou que era a súa cicatriz da mastectomia que semellaba unha cara ao despreguizarse polas mañáns diante do espello.
Grazas ao Club de Lectura do Floriani pola invitación e agardamos moitas máis colaboracións.


Déixovos un vídeo das actividades





Ningún comentario:

Publicar un comentario