xoves, 15 de novembro de 2018

xoves, 8 de novembro de 2018

Lectura de Julio Verne na Radio

1ª parte da visita a Radio Redondela
1º ESO A e B



                                             



2ª parte da lectura radiofónica
1º ESO C



O noso INSTAGRAM club_lectura_

xoves, 18 de outubro de 2018

OS CHOQUIÑOS

COMEZAMOS A TRABALLAR CUN GRUPO DE ARTE, OUTRO DE INVESTIGACIÓN DAS FIGURAS DE VERNE E SANJURJO BADÍA, OUTRO DE BOTÁNICA,...







mércores, 3 de outubro de 2018

COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA

                
Neste inicio de curso imos dedicarlle a Julio Verne as nosas actividades para conmemorar os 150 anos da chegada do Nautilus á Enseada de San Simón, que ademais dá nome ao noso instituto.

Iremos lendo a obra de Ledicia Costas nos Chocos e nos Choquiños e realizaremos varias actividades sobre o libro de Verne e o de Ledicia.


http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventuraledicia/3729481/Entrevista á autora

mércores, 16 de maio de 2018

REMATA O CURSO

Imos celebrar o fin da nosa actividade lectora asistindo á exposición A ARTE NO CÓMIC na sede A Fundación en Vigo e visitando a fermosa Biblioteca Pública Juan Compañel no Casco Vello.
Agardamos a vosa participacións e subiremos as fotos desta saída.










REUNIÓNS DE A RATEIRA E O ACHADO DO CASTRO

Os alumnos de 1º explicaron na reunión do 9 de maio, que xa sospeitaban quen era o asasino, algo que nos sorprendeu aos profes porque nós non o sabiamos tan claramente. Gustoullles a forma teatral do libro e foilles doado de ler.


 

                                         

O 11 de maio no recreo falamos sobre O achado do castro e os seus anacronismos.Este libro resultou máis difícil para os rapaces aínda que algún profe suxeriu unha segunda lectura para disfrutala mellor.



luns, 23 de abril de 2018

luns, 12 de marzo de 2018

O ACHADO DO CASTRO




X. F. REDACCIÓN LA VOZ 25/07/2014 07:00 H

O achado do castro estreouse en 1983 nunha función escolar e dende entón a obra foi representada en numerosos centros. Publicada orixinariamente en 1991, Manuel Núñez Singala volver dar ao prelo esta peza, con lixeiros cambios de normativa na lingua e unha modificación para un dos personaxes: agora chasca os dedos e non dá unha palmada, xa que adoitaba provocar o aplauso do público. Esta anécdota evidencia tamén a boa acollida dun texto que xoga con humor coas convencións teatrais -os personaxes preséntase a si mesmos- e saca partido das imaxes asociadas ao mundo da romanización. A partir do recurso da aparición dunha obra de teatro nun castro, a historia desenvólvese con personaxes especialmente cómicos como Manolitus ou o Emperador, que agora divirten a unha nova xeración.

 O achado do castro, de Manuel Núñez Singala

LA RATONERA



Se queredes saber máis desta misteriosa autora premede no seguinte enlace: https://es.wikipedia.org/wiki/Agatha_Christie

                                                       


Agatha Mary Clarissa Miller,DBE, máis coñecida como Agatha Christie, foi unha escritora e dramaturga británica especializada no xénero policial, que tivo recoñecemento a nivel internacional.​
A súa prolífica obra aínda arrastra unha lexión de seguidores, sendo una das autoras máis traducidas do mundo e as novelas e relatos aínda son obxecto de reedicións, representacións y adaptacións ao cine.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

RELATOS SOBRE ACOSO ESCOLAR E ESKORIA





NESTE VÍDEO VEMOS OS DIFERENTES TIPOS DE ACOSO:







      
       

Nuns días ensinarémosvos os nosos traballos de banda deseñada en 1º de ESO




mércores, 10 de xaneiro de 2018

EL HOMBRE QUE PLANTABA ÁRBOLES E MI PLANTA DE NARANJA LIMA

        MI PLANTA DE NARANJA LIMA Lemos na xuntanza de 3º e 4º de ESO fragmentos desta novela. Aquí vos deixamos unhas fotos e un fermoso VÍDEO.













A propósito do libro do 1º ciclo elaboramos un mural sobre os incendios forestais coa participación de tódolos alumnos de 1º e 2º o último día antes das vacacións de Nadal.
 Mirade qué chulo!