martes, 31 de outubro de 2017

RECITAL DE POESÍA

RECITAL DE POESÍA

31 de outubro

Os alumnos de 1º de ESO recitaron poemas dos libros lidos no club e improvisaron un rap cun poema de Maquinaria, durante o recreo.




      

                 
                                                               

                                                           














E aí vai o rap:   https://drive.google.com/open?id=0B6HEsbyr8mgbVEJHczJOU0RsR3c


Ademais no mes de marzo Actividade co CEIP Santa Mariña


OBRADOIROS DE POESÍA

OBRADOIROS DE POESÍA


Actividade do 30 de outubro

O meu gato é un poeta de Fran Alonso

Maquinaria de Carlos Negro

Este ano imos quedar algún luns ao mediodía para aproveitar mellor o noso tempo de traballo. Esta primeira vez foi todo un éxito, xa que nos xuntamos máis de corenta persoas entre alumnos e profes. Creamos caligramas, haikus e poesía creativa que vos iremos amosando.
Deixamos algunhas fotos desa actividade:

 


 



 





xoves, 26 de outubro de 2017

INICIAMOS UN NOVO CURSO




O 20 de outubro presentamos as dúas activades que imos levar a cabo este inicio de curso nos dous grupos do club.
 O luns 30 faremos catro obradoiros de poesía: un de haikus, outro de caligramas, elaboraremos instrucións para ser poeta e xogaremos con diferentes técnicas tipográficas, no último. Ademais o martes 31 os alumnos de primeiro da ESO protagonizarán un recital poético sobre algúns poemas dos libros lidos: