martes, 28 de novembro de 2017

PRÓXIMAS LECTURAS

O home que plantaba árbores para o 1º ciclo. Faremos un mural para concienciar sobre o desastre vivido cos incendios na nosa comunidade .
Mi planta de naranja lima para deleitar aos maiores coa sensibilidade do seu protagonista Zezé.






Podedes ver un fermoso vídeo do libro de Vasconcelos:

https://youtu.be/c6nuFpYsPXM



PRODUCIÓN POÉTICA

A musa Calíope axudounos a crear algúns fermosos textos despois dos talleres de poesía. Algúns nenos non quixeron amosar os seus poemas. Outra vez será...Animádevos a escribir POESÍA


martes, 31 de outubro de 2017

RECITAL DE POESÍA

RECITAL DE POESÍA

31 de outubro

Os alumnos de 1º de ESO recitaron poemas dos libros lidos no club e improvisaron un rap cun poema de Maquinaria, durante o recreo.




      

                 
                                                               

                                                           














E aí vai o rap:   https://drive.google.com/open?id=0B6HEsbyr8mgbVEJHczJOU0RsR3c


Ademais no mes de marzo Actividade co CEIP Santa Mariña


OBRADOIROS DE POESÍA

OBRADOIROS DE POESÍA


Actividade do 30 de outubro

O meu gato é un poeta de Fran Alonso

Maquinaria de Carlos Negro

Este ano imos quedar algún luns ao mediodía para aproveitar mellor o noso tempo de traballo. Esta primeira vez foi todo un éxito, xa que nos xuntamos máis de corenta persoas entre alumnos e profes. Creamos caligramas, haikus e poesía creativa que vos iremos amosando.
Deixamos algunhas fotos desa actividade:

 


 



 





xoves, 26 de outubro de 2017

INICIAMOS UN NOVO CURSO




O 20 de outubro presentamos as dúas activades que imos levar a cabo este inicio de curso nos dous grupos do club.
 O luns 30 faremos catro obradoiros de poesía: un de haikus, outro de caligramas, elaboraremos instrucións para ser poeta e xogaremos con diferentes técnicas tipográficas, no último. Ademais o martes 31 os alumnos de primeiro da ESO protagonizarán un recital poético sobre algúns poemas dos libros lidos:

mércores, 21 de xuño de 2017

DESPEDIDA ATA O PRÓXIMO CURSO

Ahí vos deixo unhas fotos da merenda de despedida deste ano e do festival de Fin de Curso. FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS.





XORNADAS DE CLUB DE LECTURA EN SANTIAGO

O sábado 17 de xuño preto dun milleiro de lectores e lectoras dos clubs de lectura de toda Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para participar nunha xornada de convivencia e formación celebrando que levamos 10 anos de clubs de lectura nos centros de ensino de Galicia.



Este ano foi Miguel Anxo Prado o galardonado co Premio de Clubs de Lectura de Galicia. Noraboa.



mércores, 31 de maio de 2017

ROALD DAHL

Con motivo do centenario deste autor estamos lendo algúns libros e contos moi coñecidos por todos.


             
                                                     


Déixovos fotos da charla cos choquiños




martes, 30 de maio de 2017

VENTO FERIDO










No mes das Letras Galegas o grupo dos Chocos e os profes falamos deste libro de Carlos Casares e vimos a curtametraxe que a Universidade de Vigo fixo sobre o conto "O xogo da guerra".

Déixovos imaxes da proxección.




E da reunión.