martes, 11 de febreiro de 2014

XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"

Aquí deixovos as datas das reunións para os libros Dragal e A isla de Bowen.  Leede ben xa que como sabedes este ano o Club dividiuse en dous grupos:
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) DragalMércores 12 de febreiro de 2014, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) La isla de BowenMércores 19 de febreiro de 2014, ás 11:30 h na biblioteca do IES.

PROXECCION DA PELÍCULA "MATAR A UN REISEÑOR"

Para completar a lectura do libro do mes, o día 20 de decembro proxectouse na biblioteca do centro a película Matar a un reiseñor adaptación da novela homónima de Harper Lee. Película dirixida por Robert Mulligan no ano 1962 e interpretada por Gregory Peck, Mary Badham, Philip Alford, John Megna, Robert Duvall. Aquí deixovos algunhas imaxes da sesión.






FALAMOS DE "MATAR A UN REISEÑOR"

Os días 17 e 18 de decembro, os membros do Club de Lectura A Illa dos Libros xuntámonos para intercambiar impresións sobre a novela de Harper Lee Matar a un Reiseñor



Comezamos con una pequena introducción sobre a autora e a súa obra e a continuación pasamos a falar sobre o que nos parecera a novela. Comentouse:
  • O papel de Atticus e o racismo da sociedade americana e como esta sociedade non so manifesta racismo contra as persoas de cor senon tamén contra aqueles que os defenden -caso do pai da protagonista Atticus.
  • A frase que da título a novela sería como matar un reiseñor e o seu significado: a perda da inocencia, non so representada na persoa da narradora da historia Scout, senon tamén  referída os personaxes de Ton e Boo Radley.                                                                              
  • Os dous puntos de vista desde os que se narra a obra: a nena que observa a realidade desde a súa inocencia e a inconsciencia da dureza da realidade (o xuízo, a pelexa, o ataque que sufre ela e o seu irmán...), e que lle serve a autora para sacarlle todo o dramatismo aos acontecementos (incendio, pobreza dos habitantes, lei inxusta...); e a muller adulta que reflexiona e fainos reflexionar -xa que somos nos como adultos os que recompoñemos a historia- sobre os acontecementos da súa infancia.
  • O tema da ironía e a risa nunha novela que é tráxica, centrado nas aventuras dos nenos e a súa visión da realidade.
  • O tema da sensatez, a xusticia, a coherencia, a integridade representado na figura de Atticus, héroe anónimo que consegue a paz convencendo os demais da súa postura equivocada.

Rematamos a reunión comparando a novela con outras do seu xénero Criadas  e Señoras, A cabana do tío Tom, As aventuras de Tom Sawyer...


luns, 16 de decembro de 2013

XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"

Comezamos este ano as nosas xuntanzas para falar do libro que estamos a ler Matar a un Reiseñor. Aquí deixovos as datas das reunións.  Leede ben xa que como sabedes este ano o Club dividiuse en dous grupos:
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) Martes 17 de decembro de 2013, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) Mércores 18 de decembro de 2013, ás 11:30 h na biblioteca do IES.


domingo, 1 de decembro de 2013

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

Ola a todas e todos, CHOQUIÑOS  e CHOCOS. Este ano somos 41!!! O noso Club de Lectura "A Illa dos Libros" ponse de novo en marcha neste curso escolar 2013 - 2014 con moitas ganas de compartir novas lecturas e todas as emocións, pasións e coñecementos que atopedes nelas.

Este ano teremos algunhas novidades que xa iremos coñecendo pouco a pouco.

ESTREAMOS BLOG

Xa sabedes que o ano pasado comezou a funcionar o noso Club de Lectura "A Illa dos Libros". Para difundir as cousas que facíamos, colgábase na páxina  do club de lectura da web do IES información sobre as distintas actividades e sobre os libros que estabamos a ler no Club.

Este ano ao dar comezo as actividades do club, decidimos facer un blog para que podades seguir as informacións sobre as lecturas, reunións e actividades do Club "A Illa dos Libros".

Esperamos que vos guste e contar coa vosa participación.