A ILLA DE BOWEN

Ficha técnica



Título: A Illa de Bowen

Autor: Cesar Mallorquí

Xénero: Novela de aventuras

Editorial: Edebe









Sinopse

A illa de Bowen, galardoada co premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2013 e o premio Edebé de Literatura Juvenil 2012, é un libro de aventuras ao estilo dos de Julio Verne ou Arthur Conan Doyle, con illas misteriosas, asasinatos, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais.

A historia comeza en 1920 co asasinato do mariñeiro Jeremiah Perkins nun pequeno porto noruegués situado no Ártico e co misterioso paquete que Perkins envía a Lady Faraday antes de morrer. Por outra parte, o profesor Ulises Zarco, director da sociedade xeográfica SIGMA, embárcase nunha incrible aventura a causa dunha estraña reliquia descuberta nunha cripta medieval. Tanto Zarco coma o seu axudante, Adrián Cairo, percorreron o mundo enfrontándose a toda clase de perigos, igual que o capitán Verne e a súa tripulación, ou o fotógrafo Samuel Durango, e mesmo as dúas damas inglesas que lles pediron axuda; pero ningún deles se encontra preparado para enfrontarse ao terrible misterio que envolve á illa de Bowen, máis alá do Círculo Polar Ártico.

Sen dúbida, este libro é unha homenaxe ás novelas de aventuras que o escritor lía cando era novo. Os xogos metaliterarios -o propio Conan Doyle dá unha conferencia no libro- e as múltiples referencias á obra de Verne –Phineas Fogg e o capitán Nemo son nomeados na

novela-, é o xeito de mostrar as influencias que estas lecturas tiveron sobre el. Ademais, a curiosidade científica que as historias de Julio Verne tiñan -20.000 leguas de viaxe submariña, Viaxe ao centro da Terra ou Da Terra á Lúa- plásmase no texto. O explorador desaparecido ao que van buscar apelídase Faraday, o capitán do barco é amigo de Wegener e as propiedades dos estraños metais cos que se encontran son obxecto de fascinación por parte do químico García.

O texto da novela está ampliado polo diario do xoven fotógrafo, a través do cal avanzamos nos descubrimentos que fan e nas súas aventuras, pero tamén na historia de amor que xorde coa moza Katherine.

Pequena biografía

César Mallorquí del Corral naceu en Barcelona o 10 de xuño de 1953. Xornalista, guionista de radio e televisión, creativo de publicidade e escritor español, trasladouse coa súa familia de Barcelona a Madrid cando apenas cumprira un ano de idade.

Fillo do famoso escritor creador do personaxe de El Coyote, José Mallorquí Figuerola, educouse nun ambiente literario que propiciou a súa afección á literatura dende moi neno. Moi pronto publicou o seu primeiro relato nunha revista. Mallorquí. Estudou Periodismo na Universidade Complutense de Madrid e traballou en La Codorniz e na Cadea SER, e posteriormente, de 1981 a 1991 dedicouse á publicidade como creativo de varias axencias, incluída unha axencia de publicidade norteamericana.

Pero abandonou todos estes traballos para dedicarse por completo á súa verdadeira vocación, a literatura. Dende entón non deixou de publicar as súas obras, coas que ademais obtivo diversos galardóns, tanto en conto curto coma en novela. 

César Mallorquí non considera que a literatura xuvenil sexa tal, pois entón ningún adulto podería ler a Verne, autor cuxas historias protagonizaron a súa infancia. Os seus libros son para todo tipo de público. Dende de 1991 comezou a escribir relatos de fantasía e ciencia ficción.Tamén escribe novela negra.

Actualmente está casado e ten dous fillos, deixou de fumar en 1986 e é un gran xogador de mus.

Obra literaria


  • La vara de hierro. (Novela. Quaderns UPCF. 1993)
  • El círculo de Jericó. (Antología. Ediciones B. 1995)
  • El coleccionista de sellos. (Novela. Ediciones B. 1996)
  • El último trabajo del Señor Luna. (Novela. EDEBÉ 1997)
  • La Fraternidad de Eihwaz. (Novela. EDEBÉ 1998)
  • La cruz de El Dorado. (Novela. EDEBÉ 1999)
  • El maestro oscuro. (Novela. EDEBÉ 1999)
  • La Catedral (novela). (Novela. SM 2000)
  • El hombre de arena. (Novela. EDEBÉ 2001)
  • Las lágrimas de Shiva. (Novela. EDEBÉ 2002)
  • La puerta de Agartha. (Novela. EDEBÉ 2003)



  • La compañía de las moscas. (Novela. Alfaguara 2004)
  • La piedra inca. (Novela. EDEBÉ 2005)
  • El viajero perdido. (Novela. SM 2005)
  • La Mansión Dax. (Novela. SM 2005)
  • La caligrafía secreta. (Novela. SM 2007)
  • El juego de Caín. (Novela. Espasa 2008)
  • El juego de los herejes. (Novela. Espasa 2010)
  • Leonís. (Novela. EDEBÉ 2011)
  • La isla de Bowen. (Novela. EDEBÉ 2012)
  • La estrategia del parásito. (Novela, SM 2012)
    Premios


    • Premio Aznar 1991 por El mensaje perdido.
    • Premio Alberto Magno 1992 por La pared de hielo.
    • Premio Alberto Magno 1993 por El hombre dormido.
    • Premio Domingo Santos 1993 por Materia oscura.
    • Premio UPC 1995 por El coleccionista de sellos.
    • Premio Gigamesh 1996 por La casa del Dr Pétalo.
    • Premio Edebé de Literatura Juvenil 1996 por El último trabajo del Sr. Luna.
    • Premio Protagonista Jove 1997 por El último trabajo del Sr. Luna.
    • VI premio Pablo Rido 1997 por El decimoquinto movimiento.
    • Premio Gigamesh 1997 por El coleccionista de sellos.
    • Premio Edebé de Literatura Juvenil 1999 por La cruz de El Dorado.
    • Premio Ignotus 1999 por El decimoquinto movimiento.
    • Premio Gran Angular 2000 por La catedral.
    • Premio Edebé de Literatura Juvenil 2002 por Las lágrimas de Shiva.
    • Premio Liburu Gaztea 2003 por Las lágrimas de Shiva.
    • Premio Nacional de Narrativa Cultura Viva 2007.
    • Premio Hache 2010 por La caligrafía secreta.
    • Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 por La isla de Bowen.
    • Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 por La isla de Bowen.



    Máis sobre Cesar Mallorquí

    Se vos gusta escribir, aquí déixovos este vídeo no que Cesar Mallorquí dá 10 consellos para futuros escritores:



    e este outro do programa "Pagina 2" de RTVE onde Cesar Mallorquí fala da súa novela pola cal recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de 2013:






    Ningún comentario:

    Publicar un comentario