martes, 2 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES EN MARCHA

 CARACTERIZACIÓN DOS PERSONAXES




VIDEO-XUNTANZA CON OUTROS CENTROS DA VILA E LEDICIA COSTAS




 
 
 CONCURSO DE RELATO CO TEMA DE MECANOSCRITO 


gañadores  

concurso de relato

club de lectura

 

1º premio Carla Acosta García


MECANOSCRITO DE REDONDELA


Saín da auga. Que fresquiña estaba! Encantábame mergullarme nas belas augas da ría. Pechei os ollos para desfrutar mellor do momento. Todo estaba en silencio. Demasiado. Preocupada, dinme a volta cara a praia. Algo non ía ben. Só se oía o rumor do vento axitando as verdes follas dun souto adxacente, as ondas do mar rompendo na area e un lonxano motor. Fixeime mellor e decateime de que a xente estaba inerte sobre as toallas. Camiñei ata unha parella, a que estaba máis preto de min. Eran unha embarazada e un home, ambos coma durmidos. Seguín cara os meus pais, pero estaban no mesmo estado. Belisqueime nas meixelas e freguei os ollos. Isto tiña que ser un sono. Tratei de espertalos, pero non se moveron. Humedecéronseme os ollos. Non puiden seguir alí. Corrín cara as árbores, afasteime todo o que logrei de Cesantes. Foi unha tola carreira campo a través. Estaba a caer a noite, cando os meus pés espidos dixeron basta. Trepei a un castiñeiro e chorei. E as nubes fixérono comigo. E así, baixo a choiva, durmín. Seguro que tiven pesadelos. Non o lembro. Cando abrín os ollos, era de día e estaba mollada. Sorte que era verán e a roupa e o cabelo non tardaron en secarse ao sol. Coas présas non collera auga, nin o teléfono. Decidín dirixirme cara o centro da miña vila. Tratei de orientarme usando o sol, e botei a andar. Era moi anormal o que me pasara onte. Igual foi só un soño. Pero non sabería voltar para comprobalo. Escollín seguir cara Redondela e avisar a policía ou a quen cadrase. Aos poucos apareceron as primeiras casas. Todo estaba deserto e había algúns corpos na rúa e nos coches. Asusteime de verdade. Como a partir de alí sabería chegar a casa tomei rúas afastadas e dinme máis presa. E se, o que fora isto, non pasara só na praia? Ese pasara en toda Galiza? Apartei eses pensamentos da miña mente. Estaba moi famenta. Bebera nunha fonte pública, pero non me atrevera a roubar en ningún establecemento. Ó final tiven que facelo, xa que de todos modos a maioría desa comida estragaríase pronto. Así que collín unha mazá dunha froitería a que soían ir meus pais. Non pensei demasiado niso e seguín o meu camiño. Ao anoitecer, baixo o ceo vermello cheguei ao Concello de Redondela. Non vira inda a ninguén. Non podía entrar na miña casa, xa que tampouco collera as chaves. Tiven que aceptalo. Toda Redondela e Cesantes estaba durmida. Ou morta... Pero esta vez non chorei fíxenme forte mentres observaba as bandeiras ondeando ao vento.
-Ola! Ti tamén sobreviviches!- escoitei detrás miña.
Dime a volta. A uns metros estaban una nena e un neo. Ela era a que falara. Tiña o cabelo roxo e varias pencas. Os seus ollos, verdes; graúdos coma o seu sorriso. O mozo era alto e fraco e tiña o pelo negro e os ollos azuis. Ambos aparentaban máis ou menos miña idade.
-S-sí sobrevivín- tartamudeei abraiada.
-Chámome Lara e él é meu irmán Xoán- dixo ela mentres me apertaba con forza.
Contáronme que eles estaban no alto do abeto da alameda cando unha espesa nube de fume vermello cubriu todo o chan. Eles salváronse por estar no punto máis alto de Redondela. Eu narreilles miña historia e eles entristecéronse ao saber que en Cesantes pasara o mesmo. Decateime de que Xoán non falaba moito, so o necesario, máis non faca falta, Lara falaba dabondo por él e por min. Compartimos as súas provisións e durmimos baixo a árbore que os salvara. Coma os farois non se acenderan víanse moitas máis estrelas.
E así pasaron os días, as semanas, meses...
E agora, un ano despois da “Catástrofe Vermella”, como decidimos chamala, podemos confirmar que toda Galiza está baleira. Agora vivimos en Finisterre, é unha vila fermosa. Este é o primeiro capítulo dun libro que Lara me pediu que escribira, para deixar constancia das nosas andanzas. Chamárase “ Mecanoscrito de Redondela”


SOBREVIVIREMOS


Capítulo 1 de “Mecanoscrito de Redondela”
28 de Agosto de 2022
Carla Acosta

2º premio Oumaima Moukhlissi Knoufi

   





3º premio Martín Puga González

Si estuviera solo en el mundo...


Si de repente al despertar me quedara solo, me imagino que toda la electricidad se marcharía en cuestión de horas , algunos aviones se estrellarían contra la tierra y la carne y el pescado de los supermercados se estropearía en unas cuarenta y ocho horas por lo que mi única comida serían los productos en lata que me servirían de dos a cinco años. Creo que durante esa etapa ya habría cultivado un huerto .En cuanto al agua, una botella de plástico dura unos seia meses pero la de cristal puede durar un año y a esas alturas, ya habría construido una planta potabilizadora.
Como no tendría personas con las que socializar seguramente me buscaría una mascota como compañía , podría ser un perro ya que son muy independientes y mansos a la vez.
Mis aficciones serían pasear por grandes ciudades ya que podría verlas sin ninguna persona y en invierno iría a esquiar , ya que no hay colas . Además, en verano iría a la playa para relajarme de la tensión a nadar.
Creo que no me aburriría ,pero cogería probablemente una depresión por no estar con nadie de mi especie.