O mércores 2 de febreiro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de Escarlatina, a cociñeira defunta.
Escarlatina, a cociñeira defunta, contanos a historia de Román Casa, un neno que quería ser un auténtico chef, e que pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que
nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Comezamos facendo unha pequena introducción da autor a Ledicia Costas, destacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.
O libro, en xeral, gustou ao alumnado. A inclusión de recetas de cociña é algo orixinal e atractivo para o lector. Falamos, entre outras cousas, de:

- Román: diríxese ao seu gato como se fora o seu amigo. É adorable pero moi acelerado. Á vez é moi razonable. Semella infantil, pero resulta bastante maduro. Elabora moi ben o seu proceso. A decisión de irse con Escarlatina é moi atrevida.
- O tema da morte dos seres queridos: está tratado de xeito positivo. Román vólvese a atopar co seu avó morto. El ao principio tiña problemas coa ausencia do avó, pero cando o atopa, ve que é feliz e volve máis tranquilo porque se pode despedir del.
- Escarlatina: personaxe que necesita axuda para saír do limbo.
- Os debuxos: semellantes ao universo de Tim Burton pola forma de describir a morte cun toque divertido. Recórdanos as películas "La novia cadáver" e "Eduardo manostijeras". Tamén á serie "Entre fantasmas" polo sobrenatural.
- A empanada de Mexilóns: para gustar aos vivos e aos mortos. É moi irónico porque busca "vender moito fume", semella a "nouvelle cuisine".
- O momento en que Román asume con madurez as limitacións e problemas dos seus pais: paro, falta de ingresos...
- O uso da cociña para satisfacer aos seres queridos como valor simbólico. A autora aproveita o bo dos chefs e da cociña na actualidade.
- Os malos: o principal é o típico malo que hai en todos os libros, dirixe e é o dictador do inframundo.
- O gran epílogo da obra.