O martes 1 de decembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de Sete caveiras.
Sete caveiras, ambientada na cidade de Vigo dos anos 80, narra unha historia de misterio, durante a cal se suceden uns asasinatos, a cada cal máis macabro. Á inversa que en Dez Negritos, de Agatha Christie, a medida que aparecen cadáveres flotando na ría, tamén aparecen xoguetes. En concreto uns bonecos de Famobil, a firma primitiva de
Playmobil. A xornalista Marta Vilas verase no medio dun misterio que, aínda que non lle concierne, dalgunha forma obrígalle a chegar ata o fondo do asunto. Acompañada polo inestimable obxectivo do seu cámara, a tenaz protagonista tentará seguir o fío dos acontecementos ata chegar ao asasino? antes de que sexa demasiado tarde.
Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra e sobre a autora Elena Gallego e a continuación
pasamos a comentar o libro.
Sete caveiras é un libro entretido, ben escrito que atrae desde o comezo por tratarse dunha novela policiaca negra.
Nesta novela policiaca descubrimos os seguintes temas:

- O xornalismo: faise unha rivindicación desta profesión poñendo de relevo o seu carácter ético e de compromiso.
- O compromiso profesional que chega ao punto de antepor a vida profesional á particular.
- A reflexión sobre os efectos prexudicioais da "movida dos 80" colocándoos en paralelo coa actualidade: drogadicción, violencia, desemprego (sobre todo o naval)
Tamén descubrimos algunha semellanza coa obra de A. Christie, como por exemplo, cando aparece un pequeno boneco a carón de cada corpo asasinado. Ao mesmo tempo o personaxe de Marta Vilas semella ser un "alter ego" da autora.
Polo que se refire ao mundo violento que se transparenta na obra, achaácase á decadencia social, a sociedade inxusta e
desigual xera violencia. Unha sociedade enfadada e desesperada acaba producindo monstruos.
desigual xera violencia. Unha sociedade enfadada e desesperada acaba producindo monstruos.
Cando toca o tema do mundo do xornalismo faino para loar os profesionais íntegros fronte aos que só buscan o aspecto morboso e truculento da noticia. Os profesionais do xornalismo, ademais de ser íntegros e veraces na súa información deben fuxir de gañar audiencia ou lectores mediante o uso do sentimentalismo e a rexouba.
Xa para rematar, destacar que un dos aspectos que máis gustou da obra foi que falara e describise o ambiente musical da época, uníndoo á realidade o momento. A realidade social queda perfectamente descrita grazas as cancións que se van suxerindo ao longo da obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario