O mércores 2 de decembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de As vacacións do Nicolasiño.
As vacacións do Nicolasiño cóntanos todas as aventuras que lle suceden ao pequeno Nicolas nas súas vacacións despois do curso escolar. Nicolas despídese dos amigos e xa aparcados os libros, a familia ponse a elexir o sitio para iren de vacacións. Pero xorden os enredos de todos os anos... No hotel e na praia viven unha chea de situacións curiosas e divertidas.... Ao anom seguinte mándano a un campamento de verán. E alí pasa de todo...
O libro, en xeral, gustou ao alumnado polas travesuras que alí se contan de maneira divertida. (a algunha rapaza non lle gustou pola curta idade do protagonista)
A novela divídese en dúas partes: vacacións coa familia e no campamento. Pregúntase ao alumnado o que prefiren e hai
opinións en distintas direccións: as vantaxes das vacacións coa familia pero tamén a indepenencia dos nenos no campamento que en Francia son "colonias".
O pai ten que ter paciencia con Nicolás dado o carácter do neno. Ponse de manifiesto o punto de vista dos adultos, a súa visión do mundo en contraste co mundo infantil. Hoxe tamén os nenos seguen veno todo e maneira moi distinta aos maiores. É curioso que o mundo segue sendo igual. A infancia segue facendo trastadas. Falamos de como xogan agora os nenos.
Nicolás é un personaxe moi escéptico. Sempre hai unha
moralexa ou conclusión ao final de cada capítulo.
Póñese de manifiesto os aspectos cómicos da obra, empezando polos nomes dos protagonistas.
A nai aparece pouco pero ten decisión. Ten un estilo máis parecido ao mundo dos nenos.
Rematamos comentando as emocións contidas do protagonistaen moitos momentos. Custa moito mostrar os sentimentos.
As vacacións do Nicolasiño cóntanos todas as aventuras que lle suceden ao pequeno Nicolas nas súas vacacións despois do curso escolar. Nicolas despídese dos amigos e xa aparcados os libros, a familia ponse a elexir o sitio para iren de vacacións. Pero xorden os enredos de todos os anos... No hotel e na praia viven unha chea de situacións curiosas e divertidas.... Ao anom seguinte mándano a un campamento de verán. E alí pasa de todo...
Comezamos facendo unha pequena introducción do autor Rene Goscinny e o seu ilustrador Jean-Jacques Sempé, destacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.
A novela divídese en dúas partes: vacacións coa familia e no campamento. Pregúntase ao alumnado o que prefiren e hai
opinións en distintas direccións: as vantaxes das vacacións coa familia pero tamén a indepenencia dos nenos no campamento que en Francia son "colonias".
O pai ten que ter paciencia con Nicolás dado o carácter do neno. Ponse de manifiesto o punto de vista dos adultos, a súa visión do mundo en contraste co mundo infantil. Hoxe tamén os nenos seguen veno todo e maneira moi distinta aos maiores. É curioso que o mundo segue sendo igual. A infancia segue facendo trastadas. Falamos de como xogan agora os nenos.
Nicolás é un personaxe moi escéptico. Sempre hai unha
moralexa ou conclusión ao final de cada capítulo.
Póñese de manifiesto os aspectos cómicos da obra, empezando polos nomes dos protagonistas.
A nai aparece pouco pero ten decisión. Ten un estilo máis parecido ao mundo dos nenos.
Rematamos comentando as emocións contidas do protagonistaen moitos momentos. Custa moito mostrar os sentimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario