O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

Mirei o ceo moito tempo. Gústame mirar o ceo pola noite no xardín. [...] E cando miras o ceo sabes que estás a ver estrelas que están a centos e miles de anos luz. E algunhas das estrelas nin sequera existen xa, porque a súa luz tardou tanto en chegar a nós que xa están mortas, ou explotaron e quedaron reducidas a ananas vermellas. E iso faite sentir moi pequeno, e se na túa vida tes cousas difíciles é agradable pensar que son o que se chama «insignificantes», é dicir, que son tan pequenas que non tes que telas en conta cando fas un cálculo.

Ficha técnica



Título: O curioso incidente do can á media
            noite
Autor: Mark Haddon
Xénero: Narrativa
Editorial: Rinoceronte Editor
Colección: Contemporanea.

Sipnose

Mark Haddon é un escritor británico de libros para nenos que con esta novela fixo a súa primeira incursión nunha literatura algo máis adulta. O curioso incidente do can á media noite narra unha historia emotiva con trazos de novela policial, desde o punto de vista dun adolescente algo especial: padece síndrome de Asperger, unha forma severa de autismo que impide aos que a padecen comunicarse de forma normal con outras persoas. Non obstante, nun número bastante elevado de casos, vai acompañado dunha brillantez nalgún tema de interese por parte do enfermo: as matemáticas, a música, a informática... tamén é frecuente que os que padecen a síndrome sexan grandes e eficientes coleccionistas.

A historia está escrita en primeira persoa polo protagonista, Christopher, un mozo de quince anos que sofre síndrome de Asperge. Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o can da súa veciña señora Shears, que aparece atravesado por unha forca. Este achado fará que se decida a investigar esta estraña morte como un detective, seguindo os pasos do seu ídolo Sherlock Holmes e aplicando todos os seus coñecementos de lóxica dedutiva. A investigación converterase nun proceso de aprendizaxe
para o protagonista que o fará coñecer a realidade da súa vida familiar e un pouco máis do pequeno mundo que o rodea.

A investigación que iniciará Christopher fará que o mozo adolescente saia da súa rutina diaria e farao descubrir toda unha serie de feitos que rematará coa situación familiar que mantiña.

Se a obra comeza como unha novela de investigación detectivesca xuvenil vaise convertendo, a medida que avanza a trama, nunha historia dramática con algúns toques de comedia. A historia vaise transformando, pouco a pouco, nun drama familiar a medida que Christopher descobre o pasado da súa familia e todas as mentiras que foron construíndo a súa realidade actual.


Pequena biografía



Mark Haddon naceu en Northampton (Inglaterra) no ano 1962, e antes que escritor foi mensaxeiro, vendedor de billetes nun teatro. Licenciouse en Literatura Inglesa en Oxford, aínda que os seus primeiros recoñecementos lle chegaron como ilustrador e debuxante de tiras cómicas en diversos medios locais e, posteriormente, en The Sunday Telegraph e The Sunday. 

Canso da ilustración, decide probar coa pintura abstracta, activida que segue desenvolvendo na actualidade, e tamén dar o salto á televisión doe, ademais de obter dous premios BAFTA como guionista, crea e dirixe algúns capítulos da serie Microsoap.

En 1987 escribiu o seu primeiro libro infantil ilustrado, e dende entón publicou unha quincena de títulos. No ano 2003 apostou por escribir a mesma novela en dous formatos, infantil eadulto, no que supoñía o seu primeiro paso cara á narrativa para adultos. O resultado: O curioso incidente do can á media noite converteuse na novela máis vendida do ano en literatura inglesa e o seu éxto internacional foi unánime.

O curioso incidente do can á media noite foi gañadora de multitude de premios entre os que se encontran o Whitbread e a Commonwealth. Haddon foi ademais finalista do premio Booker.

  • CURIOSIDADES

Mark Haddon traballou durante unha tempada con persoas que padecían deficiencias físicas e mentais, o que lle axudou e inspirou á hora de escribir o seu exitoso libro O curioso incidente do can á media noite.

  • OBRAS PRINCIPAIS   

          - O curioso incidente do can a media noite

          - Un pequeno inconveniente


          - Bum!



  • FRASES DO AUTOR
  • "É máis importante como se escribe unha novela que a historia en si. Unha grande idea pode matar a narrativa literaria".
  • "Estou farto das novelas literarias nas que os personaxes son moi articulados e len centos de novelas".
  • "Sempre estou atento ás voces, non ás ideas, que bolen na miña cabeza".
  • "É tentador escribir de lugares exóticos e personaxes fascinantes, pero a min atráenme máis as novelas que abordan a situación universal humana".

Dez cousas que debes saber sobre Christopher 


  1. Christopher só come os seus alimentos se non están xuntos.
  2. Non lle gusta a cor amarela nin tampouco o marrón.
  3. Desgústanlle as multitudes e o contácto físico. Non o abraces ou terás problemas.
  4. Gústalle o silencio e pasear pola noite.
  5. A súa memoria é tan boa que recorda as súas vacacións polo miúdo con itinerario completo, sen importar que estas fosen hai seis anos.
  6. Tranquilízase resolvendo problemas matemáticos na súa cabeza.
  7. As metáforas literarias e as frases coloquiais parécenlle sen sentido.
  8. Debe levar un papel coas expresións faciais debuxadas para recoñecer os sentimentos e emocións dos demais.
  9. Odia os lugares descoñecidos porque tería que aprender de memoria cada trazo e iso colápsao.
  10. Adora as listas.
Vede este vídeo e coñeceredes máis nenos como Cristopher



A síndrome de Asperger: unha variante do autismo

A síndrome de Asperger (ÁS) é un trastorno severo do desenvolvemento, considerado como un trastorno neuro-biolóxico no cal existen desviacións ou anormalidades nos seguintes aspectos do desenvolvemento:
  • Conexións e habilidades sociais
  • Uso da linguaxe con fins comunicativos
  • Características de comportamento relacionados con trazos repetitivos ou perseverantes
  • Unha limitada gama de intereses
  • Na maioría dos casos torpeza motora
A síndrome de Asperger é un trastorno moi frecuente que ten maior incidencia en nenos que nenas. Os nenos con este diagnóstico teñen severas e crónicas incapacidades no social, na conduta e na comunicación.


Algunhas das características dos nenos con Asperger:

  1. Socialmente torpe e difícil de manexar na súa relación con outros nenos e/ou adultos. Inxenuo e crédulo.
  2. A miúdo sen conciencia dos sentimentos e intencións doutros.
  3. Con grandes dificultades para levar e manter o ritmo normal dunha conversa. Altérase doadamente por cambios en rutinas e transicións.
  4. Literal en linguaxe e comprensión, non entenden o "dobre sentido".
  5. Moi sensible a sons fortes, cores, luces, olores ou sabores.
  6. Fixación nun tema ou obxecto do que poden chegar a ser auténticos expertos.
  7. Fisicamente torpes en deportes.
  8. Incapacidade para facer ou manter amigos da súa mesma idad.
Estes nenos poden ter:
  1. Memoria inusual para detalles.
  2. Problemas de sono ou de alimentación.
  3. Problemas para comprender cousas que oíron ou leron.
  4. Patróns de linguaxe pouco usuais (observacións obxectivas e/ou relevantes).
  5. Falar en forma estraña ou pomposa: voz moi alta, ou monótona.
  6. Tendencia a balancearse, inquietarse ou camiñar mentres se concentran.

A persoa coa síndrome ten un aspecto e unha intelixencia normal, frecuentemente presenta habilidades especiais en áreas restrinxidas, pero ten problemas para relacionarse cos demais e presenta comportamentos inadecuados.

A persoa Asperger presenta un estilo cognitivo distinto. O seu pensamento é lóxico, concreto e hiperrealista. A súa minusvalía non é evidente, só se manifesta ao nivel de comportamentos sociais inadecuados proporcionándolles a eles e os seus familiares problemas en todos os ámbitos.
E frecuentemente: habilidades especiais en áreas restrinxidas.
Se queres saber máis cousas sobre o Autismo ou o síndrome de Asperger podes visitar a páxina da Federación Asperger españa: www.asperger.es. Ou tamén podes ver os seguintes vídeos sobre o tema.






Ningún comentario:

Publicar un comentario