A musa Calíope axudounos a crear algúns fermosos textos despois dos talleres de poesía. Algúns nenos non quixeron amosar os seus poemas. Outra vez será...Animádevos a escribir POESÍA
martes, 28 de novembro de 2017
martes, 31 de outubro de 2017
RECITAL DE POESÍA
RECITAL DE POESÍA
31 de outubro
Os alumnos de 1º de ESO recitaron poemas dos libros lidos no club e improvisaron un rap cun poema de Maquinaria, durante o recreo.


E aí vai o rap: https://drive.google.com/open?id=0B6HEsbyr8mgbVEJHczJOU0RsR3c
Ademais no mes de marzo Actividade co CEIP Santa Mariña
31 de outubro
Os alumnos de 1º de ESO recitaron poemas dos libros lidos no club e improvisaron un rap cun poema de Maquinaria, durante o recreo.


E aí vai o rap: https://drive.google.com/open?id=0B6HEsbyr8mgbVEJHczJOU0RsR3c
Ademais no mes de marzo Actividade co CEIP Santa Mariña
OBRADOIROS DE POESÍA
OBRADOIROS DE POESÍA
O meu gato é un poeta de Fran Alonso
Maquinaria de Carlos Negro
Este ano imos quedar algún luns ao mediodía para aproveitar mellor o noso tempo de traballo. Esta primeira vez foi todo un éxito, xa que nos xuntamos máis de corenta persoas entre alumnos e profes. Creamos caligramas, haikus e poesía creativa que vos iremos amosando.
Deixamos algunhas fotos desa actividade:




xoves, 26 de outubro de 2017
INICIAMOS UN NOVO CURSO
O 20 de outubro presentamos as dúas activades que imos levar a cabo este inicio de curso nos dous grupos do club.
O luns 30 faremos catro obradoiros de poesía: un de haikus, outro de caligramas, elaboraremos instrucións para ser poeta e xogaremos con diferentes técnicas tipográficas, no último. Ademais o martes 31 os alumnos de primeiro da ESO protagonizarán un recital poético sobre algúns poemas dos libros lidos:
mércores, 21 de xuño de 2017
DESPEDIDA ATA O PRÓXIMO CURSO
Ahí vos deixo unhas fotos da merenda de despedida deste ano e do festival de Fin de Curso. FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS.
XORNADAS DE CLUB DE LECTURA EN SANTIAGO
O sábado 17 de xuño preto dun milleiro de lectores e lectoras dos clubs de lectura de toda Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para participar nunha xornada de convivencia e formación celebrando que levamos 10 anos de clubs de lectura nos centros de ensino de Galicia.
Este ano foi Miguel Anxo Prado o galardonado co Premio de Clubs de Lectura de Galicia. Noraboa.
mércores, 31 de maio de 2017
ROALD DAHL
Con motivo do centenario deste autor estamos lendo algúns libros e contos moi coñecidos por todos.
Déixovos fotos da charla cos choquiños
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































