mércores, 9 de novembro de 2016
domingo, 2 de outubro de 2016
EMPEZAMOS O CURSO 2016/17
OS CHOQUIÑOS ESTAMOS LENDO ESTE LIBRO DE JAQUELINE KELLY
"Cogí el sándwich y Grandes esperanzas y me metí en la cama con una extrema sensación de lujo. Ahhh. Cama, libro, gatito y sándwich. Realmente, todo lo que una necesita en la vida."
SINOPSIS
Calpurnia, Callie Vee, es una niña que vive en un pueblo de Texas. A pesar de que su madre insiste en que aprenda a tocar el piano, coser y cocinar, ella está más interesada en lo que ocurre tras la puerta cerrada de la biblioteca, o en el laboratorio de su abuelo. Poco a poco irá ganándose a este señor un tanto huraño y empezará a colaborar con él en sus observaciones del medio natural, aprenderá quién es Darwin, qué son las especies y las subespecies y también lo idiotas que se vuelven los hermanos mayores cuando se enamoran.
OS CHOCOS IMOS LER...
![]() |
| SINOPSIS |
Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar...
domingo, 26 de xuño de 2016
DESPEDIDA DO CLUB 2015-2016
Aquí tedes algunhas das fotos que fixemos o outro día na festa de despedida do Club por este ano. Estades todos
mércores, 15 de xuño de 2016
FALAMOS DE O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN: O LADRÓN DE SOÑOS
O mércores 1 de xuño, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños.
O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truhán a xornada completa. E a súa viaxe á procura do lendario Diario do Cartógrafo, no que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sacras, imposibles aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.
Comezamos facendo unha pequena introducción do autor Fernando M. Cimadevila, destacando os aspectos
relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.
O libro presenta influencias de "A historia interminable" de Michael Ende ou "O Hobbit" de Tolkien en xeral.
Resultou un pouco aburrido ao principio ata que saen de aventura. Ademais dá demasiada información (mitoloxía exipcia) que retarda a lectura e pode facela algo pesada.
Por outra banda engancha polo público ao que vai dirixido o libro, pola forma de comezar cada capítulo con citas sobre gatos ou polo curioso tío Peter que acompaña ao seu sobriño.
Trátase dunha novela infantil/xuvenil, pero que transmite valores adultos: nunca deberiamos perder a capacidade de imaxinación.
Chamou a atención a metaliteratura: a historia dentro da historia, con catro relatos paralelos.
Finalmente a mensaxe que nos transmite este libro é o duns seres que se dedican a roubar soños aos nenos e o empeño de Peter e Basilius será deter a eses ladróns e deixar que os nenos sigan soñando.

martes, 14 de xuño de 2016
FALAMOS DE PERSÉPOLE
O martes 31 de maio, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de Persépole.
Persépole é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun regimen fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país.
Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra e sobre a autora Marjane Satrapi e a continuación
pasamos a comentar o libro.
Persépole é un libro de aventuras que temporalmente coincide coa adolescencia da protagonista. Baixo este aspecto latexa unha crítica áfalta de liberdade tanto inividual como colectiva.
Ao alumnado que participa no club de lectura gustoulles moito dado o seu formato de cómic, xa que así a lectura fíxoselles moi amena. Quizais fose por esta circunstancia, pero, o certo foi que este libro suscitou a maior participación do alumnado no debate.
Máis alá das dificultades e detalles singulares da vida dunha nena en Irán, latexan as preocupacións sobre unha situación persoal que hoxe é moi habitual en Europa. Esa
adolescente comeza a espertar e a decatarse da situación dos seu pais e particularmemente a súa persoa.
Trascendendo que quira ser profeta, a discusión sobre o veo ou a controversia política (ela lía a Marx), o libro descríbenos unha mocidade que está moi implicada nos temas que importan en Europa, fálanos, por primeira vez, dunha xuventude formada, preocupada polo futuro.
Será por isto que interesou e suscitou tanto debate entre o noso alumnado?

mércores, 8 de xuño de 2016
XUNTANZA DE DESPEDIDA
O martes 21 de xuño as 11:30 h. todos OS CHOQUIÑOS e OS CHOCOS estades invitados a unha pequeñiña festa de despedida na biblioteca do IES. Non faltedes haberá algunha sorpresiña.
mércores, 30 de marzo de 2016
XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"
Aquí deixovos as datas das reunións para os libros Persépole e O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños. Leede ben xa que como sabedes temos dous grupos:
- A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) Persépole: Martes de 31 maio de 2016, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
- A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños: Mércores 1 de xuño de 2016, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)