venres, 12 de febreiro de 2016

FALAMOS DE ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

O mércores 2 de febreiro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de Escarlatina, a cociñeira defunta.



Escarlatina, a cociñeira defunta, contanos a historia  de Román Casa, un neno que quería ser un auténtico chef, e que pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que
nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. 

Comezamos facendo unha pequena introducción da autor a Ledicia Costasdestacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.

O libro, en xeral, gustou ao alumnado. A inclusión de recetas de cociña é algo orixinal e atractivo para o lector. Falamos, entre outras cousas, de:

  • Román: diríxese ao seu gato como se fora o seu amigo. É adorable pero moi acelerado. Á vez é moi razonable. Semella infantil, pero resulta bastante maduro. Elabora moi ben o seu proceso. A decisión de irse con Escarlatina é moi atrevida.

  • O tema da morte dos seres queridos: está tratado de xeito positivo. Román vólvese a atopar co seu avó morto. El ao principio tiña problemas coa ausencia do avó, pero cando o atopa, ve que é feliz e volve máis tranquilo porque se pode despedir del.
  • Escarlatina: personaxe que necesita axuda para saír do limbo.
  • Os debuxos: semellantes ao universo de Tim Burton pola forma de describir a morte cun toque divertido. Recórdanos as películas "La novia cadáver" e "Eduardo manostijeras". Tamén á serie "Entre fantasmas" polo sobrenatural.
  • A empanada de Mexilóns: para gustar aos vivos e aos mortos. É moi irónico porque busca "vender moito fume", semella a "nouvelle cuisine".
  • O momento en que Román asume con madurez as limitacións e problemas dos seus pais: paro, falta de ingresos...
  • O uso da cociña para satisfacer aos seres queridos como valor simbólico. A autora aproveita o bo dos chefs e da cociña na actualidade.
  • Os malos: o principal é o típico malo que hai en todos os libros, dirixe e é o dictador do inframundo.
  • O gran epílogo da obra.

mércores, 10 de febreiro de 2016

FALAMOS DE O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

O martes 1 de febreiro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de O señor Ibrahim e as flores do Corán.




O señor Ibrahim e as flores do Corán, narra a historia de amizade de Momo, un adolescente xudeu, desorientado, e orfo do agarimo dos seus pais; e de Ibrahim, tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión a vida marcada pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60. 

Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra  e sobre o autor Éric-Emmanuel Schmitt e a continuación pasamos a comentar o libro. 

O señor Ibrahim e as flores do Corán é un libro e un libro
curto, pero cun gran significado. Os temas que o atravesan son a amizade, a tolerancia, a confianza...

os personaxes non se caracterizan fisicamente, só por meio dos seus feitos. Así, os lectores temos a obriga de construílos e de fabricar a súa historia.

Os protagonistas son Momo e o señor Ibrahim. Momo comeza a súa vida nunha familia desestruturada: vive co pai, pero este non lle amosa cariño, e a nai abandonara o fogar cando el naceu. Tamén se fala dun irmán maior, moi perfecto e listo, co que o pai o está a comparar decote. cando xa ten a vida case encauzada, aparece a nai pactan a súa relación pera non as vidas de cada un. Finalmente
Momo consegue a súa propia familia e trasládanos as súas vivencias.

O señor Ibrahim ten unha situación parella. Tamén é un ser solitario que precisa e ao mesmo tempo ofrece cariño.

É unha relación de amizade que non coñece de diferenzas: nin de idae (maior-menor), nin de cultura (musulmán-xudeu). Esa amizade é totalmente desinteresada, baseada na bondade, aínda que ao comezo podemos desconfiar, porque vemos a un neno nas más dun adulto que lle pode facer dano.

En conclusións, trasládasenos unha filosofía de vida baseada na confianza. Nun seguno plano latexa a relixión, porén o humanismo asolaga toda a narración.


luns, 18 de xaneiro de 2016

XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"

Aquí deixovos as datas das reunións para os libros Escarlatina, a cociñeira defunta   O señor Ibrahim e as flores do Corán .  Leede ben xa que como sabedes temos dous grupos:
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) O señor Ibrahim e as flores do Corán: Martes 1 de febreiro de 2016, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) Escarlatina, a cociñeira defunta: Mércores 2  de febreiro de 2016, ás 11:30 h na biblioteca do IES.

luns, 14 de decembro de 2015

FALAMOS DE AS VACACIÓNS DO NICOLASIÑO

O mércores 2 de decembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de As vacacións do Nicolasiño.


As vacacións do Nicolasiño cóntanos todas as aventuras que lle suceden ao pequeno Nicolas nas súas vacacións despois do curso escolar. Nicolas despídese dos amigos e xa aparcados os libros, a familia ponse a elexir o sitio para iren de vacacións. Pero xorden os enredos de todos os anos... No hotel e na praia viven unha chea de situacións curiosas e divertidas.... Ao anom seguinte mándano a un campamento de verán. E alí pasa de todo...


Comezamos facendo unha pequena introducción do autor Rene Goscinny e o seu ilustrador Jean-Jacques Sempédestacando os aspectos relacionados coa súa vida e a obra que estamos a comentar. A continuación pasamos a comentar o libro.


O libro, en xeral, gustou ao alumnado polas travesuras que alí se contan de maneira divertida. (a algunha rapaza non lle gustou pola curta idade do protagonista)

A novela divídese en dúas partes: vacacións coa familia e no campamento. Pregúntase ao alumnado o que prefiren e hai
opinións en distintas direccións: as vantaxes das vacacións coa familia pero tamén a indepenencia dos nenos no campamento que en Francia son "colonias".

O pai ten que ter paciencia con Nicolás dado o carácter do neno. Ponse de manifiesto o punto de vista dos adultos, a súa visión do mundo en contraste co mundo infantil. Hoxe tamén os nenos seguen veno todo e maneira moi distinta aos maiores. É curioso que o mundo segue sendo igual. A infancia segue facendo trastadas. Falamos de como xogan agora os nenos.

Nicolás é un personaxe moi escéptico. Sempre hai unha
moralexa ou conclusión ao final de cada capítulo.

Póñese de manifiesto os aspectos cómicos da obra, empezando polos nomes dos protagonistas.

A nai aparece pouco pero ten decisión. Ten un estilo máis parecido ao mundo dos nenos.

Rematamos comentando as emocións contidas do protagonistaen moitos momentos. Custa moito mostrar os sentimentos.



FALAMOS DE SETE CAVEIRAS

O martes 1 de decembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de Sete caveiras.



Sete caveiras, ambientada na cidade de Vigo dos anos 80, narra unha historia de misterio, durante a cal se suceden uns asasinatos, a cada cal máis macabro. Á inversa que en Dez Negritos, de Agatha Christie, a medida que aparecen cadáveres flotando na ría, tamén aparecen xoguetes. En concreto uns bonecos de Famobil, a firma primitiva de
Playmobil. A xornalista Marta Vilas verase no medio dun misterio que, aínda que non lle concierne, dalgunha forma obrígalle a chegar ata o fondo do asunto. Acompañada polo inestimable obxectivo do seu cámara, a tenaz protagonista tentará seguir o fío dos acontecementos ata chegar ao asasino? antes de que sexa demasiado tarde.

Comezamos facendo unha pequena introducción sobre a obra  e sobre a autora Elena Gallego e a continuación
pasamos a comentar o libro. 

Sete caveiras é un libro entretido, ben escrito que atrae desde o comezo por tratarse dunha novela policiaca negra.

Nesta novela policiaca descubrimos os seguintes temas:

  • O xornalismo: faise unha rivindicación desta profesión
    poñendo de relevo o seu carácter ético e de compromiso.
  • O compromiso profesional que chega ao punto de antepor a vida profesional á particular.
  • A reflexión sobre os efectos prexudicioais da "movida dos 80" colocándoos en paralelo coa actualidade: drogadicción, violencia, desemprego (sobre todo o naval)
Tamén descubrimos algunha semellanza coa obra de A. Christie, como por exemplo, cando aparece un pequeno boneco a carón de cada corpo asasinado. Ao mesmo tempo o personaxe de Marta Vilas semella ser un "alter ego" da autora.

Polo que se refire ao mundo violento que se transparenta na obra, achaácase á decadencia social, a sociedade inxusta e
desigual xera violencia. Unha sociedade enfadada e desesperada acaba producindo monstruos.

Cando toca o tema do mundo do xornalismo faino para loar os profesionais íntegros fronte aos que só buscan o aspecto morboso e truculento da noticia. Os profesionais do xornalismo, ademais de ser íntegros e veraces na súa información deben fuxir de gañar audiencia ou lectores mediante o uso do sentimentalismo e a rexouba.

Xa para rematar, destacar que un dos aspectos que máis gustou da obra foi que falara e describise o ambiente musical da época, uníndoo á realidade o momento. A realidade social queda perfectamente descrita grazas as cancións que se van suxerindo ao longo da obra.



mércores, 4 de novembro de 2015

XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"

Aquí deixovos as datas das reunións para os libros As vacacións do Nicolasiño  Sete caveiras .  Leede ben xa que como sabedes temos dous grupos:
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) Sete caveiras: Martes 1 de decembro de 2015, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
  • A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) As vacacións do Nicolasiño: Mércores 2  de decembro de 2015, ás 11:30 h na biblioteca do IES.

mércores, 21 de outubro de 2015

XA TEMOS TRES ANOS!!!

Ola a todas e todos, CHOQUIÑOS  CHOCOS. Este ano somos 116!!! O noso Club de Lectura "A Illa dos Libros" ponse de novo en marcha neste curso escolar 2015- 2016 con moitas ganas de compartir novas lecturas e todas as emocións, pasións e coñecementos que atopedes nelas.

Como este ano hai novas incorporacións ao noso Club imos recordarlles a organización, para que non se anden perdendo de reunión en reunión. 
  • A Illa dos Libros: Os Choquiños”:
-  Grupo de alumnos de 1º da ESO 
-  Grupo de alumnos de 2º da ESO 
  • A Illa dos Libros: Os Chocos”:
-  Grupo de alumnos de 3º da ESO 
-  Grupo de alumnos de 4º da ESO 

Aproveito para deixarvos algunhas das fotos que fixemos na festa de despedida do Club de lectura en xuño do curso 2013-2014