Para completar a lectura do libro do mes, o día 18 de decembro proxectouse para os nosos alumnos dos cursos de 3º e 4º da ESO a película O señor das moscas adaptación da novela homónima de Willian goldin. Película dirixida por Harry Hook no ano 1962 e interpretada por Balthazar Getty, Chris Furrn, Danuel Pipoly, James Badge Dale. Aquí deixovos algunhas imaxes da sesión.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
PROXECCION DA PELÍCULA "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE"
Para completar a lectura do libro do mes, o día 18 de decembro proxectouse para os nosos alumnos dos cursos de 1º e 2º da ESO a película CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE adaptación da novela homónima de Roald Dahl. Película dirixida por Tim Burton no ano 2005 e interpretada por Johnny Deep, Freddic Highmore, Helena Bonham Carter, David Kelly. Aquí deixovos algunhas imaxes da sesión.
venres, 12 de decembro de 2014
FALAMOS DE "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE"
O xoves 20 de novembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Choquiños para falar de Charlie e a fábrica de chocolate.
No libro, Roald Dahl cóntanos a historia dun neno moi pobre, pero xeneroso e ben educado, que chegará a ser dono dunha fábrica de chocolate, mentres que outros nenos que poden optar a ela se eliminan a si mesmos pola súa falta de sensibilidade e educación.
Comezamos a reunión cunha pequena introducción sobre a vida e a obra do autor, Roald Dahl y despois se lle preguntou aos asistentes se leran outros libros do autor, constatanto que é un escritor moi coñecido para todos os que estabamos na sesión. A continuación pasamos a comentar o libro. Falouse, entre outras cousas, de:
- O protagonista: acórdase que é un neno perfecto, maduro como un adulto, bondadoso en contraste cos demais. Moi interesante é a súa relación co seu avó, un home de grande sentido do humor e exemplo de xenerosidad.
- Outros personaxes: Os Oompa Loompas. O autor foi criticado pola creación destes personaxes. Cuestionouse o posible racismo e machismo do escritor.
- A situación económica do entorno é parecida á actual, con graves desigualdades sociais. A obra transcorre en inverno para así amosar máis a miseria.
- O colorido e os sabores. A narración presenta un mundo multicolor e cuns arrecendos e sabores que "se che fai a boca, auga"
- Reflexións. Plántéxase se a novela é para nenos ou adultos pois as lindes están moi claras. Fálase tamén dos nenos caprichosos e consentidos e as súas consecuencias nada aconsellables. Para rematar, unha pregunta para pensar: "Quen é máis feliz o que ten moito ou o que non posúe nada?
xoves, 11 de decembro de 2014
FALAMOS DE "O SEÑOR DAS MOSCAS"
O mércores 19 de novembro, celebrouse a reunión do Club de Lectura A Illa dos Libros grupo Os Chocos para falar de O señor das moscas.
O libro é unha novela de aventuras con náufragos onde a acción se ve guiada polos aspectos máis escuros do ser humano. Os nenos e adolescentes sobreviventes dun accidente aéreo encóntranse abandonados á súa sorte nunha illa deserta, así que liberados das ataduras sociais e culturais dos internados de onde procedían, dan renda solta ás características máis perversas do home: crueldade, brutalidade, odio, dominación do máis forte, sadismo e abusos, submisión dos débiles, etc.
Comezamos facendo un repaso a biografía do autor, Willian Golding, destacando os aspectos relacionados coa publicación da súa obra.
Despois, entre todos, fixose a enumeración da algún dos temas que trata o libro:
Comezamos facendo un repaso a biografía do autor, Willian Golding, destacando os aspectos relacionados coa publicación da súa obra.
Despois, entre todos, fixose a enumeración da algún dos temas que trata o libro:
- A autoridade.
- A necesidade de normas na sociedade.
- A natureza do ser humano, bondade-maldade.
- A contraposición entre sistema democrático e ditadura.
- A violencia, e lícito o seu uso ou debe ser erradicada totalmente?
- O medo, xa que con el podese dominar a sociedade. Distinguimos entre o medo psicolóxico e o medo o castigo físico.
A continuación pasamos a analizar os personaxes. Destacando os seguintes:
- Ralf, convertese en xefe, pero sen querer. É maduro e representa a civilización, o orden e o punto de vista adulto.
- Jack, impulsivo, sente envexa por non ser elixido líder, non quere responsabilidades. Representa o salvaxismo, o instinto, a violencia.
- Piggy, branco de toas as burlas debido ao seu físico. É a voz da intelixencia e a sensatez. Representa o lado racional e científico da civilización.
- Aínda que non sexan humanos incluímos á caracola, símbolo da racionalidade e da democracia e ó lume, que representa a esperanza de ser rescatados e que provoca o enfrentamento entre os rapaces.
Finalmente, fálase da posibilidade de traspoñer a sociedade do libro ás clases do noso instituto. Así vemos que:
- Hai grupos de alumnos que exercen o poder, vítimas fáciles polo seu carácter ou forma de ser, hai fortes ou graciosos co seu coro de admiradores, etc.
- Ás veces, amparándose no anonimato do grupo, realízanse accións non convenientes.
Outro tema que sae a debate e a diferencia posible entre o ensino privado e público.Coma no libro, suponse que no ensino privado está a elite, pero esa elite en circunstancias adversas pode sacar o seu lado salvaxe e non reprime os seus instintos básicos.Pola contra, no ensino público maniféstase unha mellor convivencia, xa que a diversidade está máis presente.
Concluímos cualificando a novela de William Golding como psicolóxica, en principio parece unha novela de aventuras, porque dá a sensación de encerro, de estar acurralado. Chega a haber partes que deixan os sucesos á nosa imaxinación, intuímos a traxedia, pésanos o ambiente, pero realmente non se describe nada (sirva de exemplo o acaecido a Simón9 e cando chegan os adultos a reacción é a de dicir "o que pasou aquí, que quede aquí".
martes, 21 de outubro de 2014
XUNTANZAS DO CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"
Aquí deixovos as datas das reunións para os libros O Charlie e a fábrica de chocolate e O Señor das moscas. Leede ben xa que como sabedes este ano o Club dividiuse en dous grupos:
- A ILLA DOS LIBROS: OS CHOQUIÑOS (1º e 2º ESO) O Charlie e a fábrica de chocolate: Xoves 20 de novembro de 2014, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
- A ILLA DOS LIBROS: OS CHOCOS (3º e 4º ESO) O Señor das moscas: Mércores 19 de novembro de 2014, ás 11:30 h na biblioteca do IES.
martes, 30 de setembro de 2014
UN ANO MÁIS
Ola a todas e todos, CHOQUIÑOS e CHOCOS. Este ano somos 90!!! O noso Club de Lectura "A Illa dos Libros" ponse de novo en marcha neste curso escolar 2014 - 2015 con moitas ganas de compartir novas lecturas e todas as emocións, pasións e coñecementos que atopedes nelas.
Como este ano hai moitas novas incorporacións ao noso Club imos recordarlles a organización, para que non se anden perdendo de reunión en reunión.
- “A Illa dos Libros: Os Choquiños”:
- Grupo
de alumnos de 1º da ESO
- Grupo
de alumnos de 2º da ESO
- “A Illa dos Libros: Os Chocos”:
- Grupo de alumnos de 3º da ESO
- Grupo de alumnos de 4º da ESO
venres, 19 de setembro de 2014
APÚNTATE AO NOSO CLUB DE LECTURA
GUSTACHE LER pois xa estamos aquí de novo, o Club de Lectura A Illa dos Libros abre a súas portas a novas incorporacións polo que se:
- queres coñecer historias fantásticas
- comentar libros cos teus compañeiros
- vivir aventuras
- sentir emocións fortes
- achegarte o mundo no que vivimos
- compartir con nos a paixón por unha boa lectura
- recomendar libros os teus compañeiros
- buscar o teu libro de cabeceira
- soñar, rir, imaxinar, chorar, pensar, reflexionar, viaxar...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpg)





