UN FELIZ MUNDO NOVO

As palabras poden ser como os raios X se se empregan axeitadamente: pasan a través de todo. Lelas e traspásante. Esta é unha das cousas que intento ensinar aos meus alumnos: a escribir de xeito penetrante. Pero de que serve que te penetre un artigo sobre un canto de comunidade ou a última mellora nos órganos de perfumes? Ademais, é posible facer que as palabras sexan penetrantes como os raios X, máis potentes cando se escribe acerca de cousas como estas? Cabe dicir algo da nada?



Ficha técnica


Título: Un feliz mundo novo
Autor: Aldous Huxley
Xénero: Narrativa
Editorial: Xerais
Colección: Grandes do noso tempo

Sipnose

Transcorre en Londres no ano 2540. Trátase dunha visión irónica e ambigua dunha suposta utopía ambientada no futuro. Anticipa o desenvolvemento en tecnoloxía reprodutiva, cultivos humanos e hipnopedia que, combinadas, cambian radicalmente a sociedade humana. Presenta unha humanidade desenfadada, saudable e avanzada tecnoloxicamente, estando erradicadas a guerra e a pobreza e cunha felicidade permanente. Porén, foron eliminados aspectos como a familia, amor, a diversidade cultural, arte, ciencia, relixión e filosofía. 
Bernard Marx (en referencia ao teórico Karl Marx) e Lenina Crowne (en referencia ao líder soviético Lenim) presentan puntos de vista opostos da sociedade. Lenina é a perfecta cidadá, feliz e cun corpo considerado moi atractivo ("pneumático"), conforme co seu comportamento, que cumpre a súa función na sociedade. Relaciónase con todos os homes que pode, e é incapaz de exercer a súa liberdade de pensamento; ten un conflito emocional co seu condicionamento, e é incapaz de recoñecer o seu amor por John. Bernard Marx considérase un individuo, diferente aos da súa clase. Ten algún problema social, e é incapaz de relacionarse con mulleres como se espera del, amais de recibir falta de respecto polos membros de castas inferiores. Así, convértese nun inadaptado social, vergoñento,
desinteresado polo deporte, que prefire ser miserable a tomar soma e mesmo expresa opinións inconformistas. Este comportamento inaceptable provócalle problemas co seu xefe. Porén, obtén permiso para visitar unha reserva salvaxe xunto a Lenina.

Chegados á reserva, contactan con John o Salvaxe, fillo de nai e pai do Mundo Feliz, concibido tras un erro accidental no método anticonceptivo. Descobren que é fillo do xefe de Bernard, que fora á reserva tempo atrás cunha compañeira que se perdeu alá, quedando soa e preñada. John medrou co estilo de vida da tribo zuñi, nativa de Novo México, cunha relixión que mistura elementos de crenzas zuñi e do cristianismo. Porén, tamén recibe a influencia da educación materna, que lle ensina a ler, co cal descobre a obra de William Shakespeare. John é levado ao Mundo Feliz por Bernard, e sofre un choque cultural. 
O punto clave de carácter moral do libro xira arredor de dous problemas diametralmente opostos: a manipulación da sociedade e a redución da liberdade de elección e expresión para asegurar a felicidade continua e universal, así como a inhibición do exercicio intelectual e

a expresión emocional. A cidadanía é feliz, pero John considera que é unha felicidade artificial e sen alma. Ten unha fonda discusión co Interventor Mundial de Europa Occidental, Mustafá Mond, sobre o feito de que a dor e a angustia son parte tan necesaria da vida como a ledicia, e que sen eles, poñéndoo en perspectiva, a alegría perde todo significado.

O segundo problema moral presentado, a través do personaxe de Bernard, é que a liberdade de elección, a inhibición da expresión emocional e a procura de ideas intelectuais deveñen na ausencia da felicidade. Isto acontécelle tamén a John na fase final de la novela: incapaz de suprimir por completo o seu desexo cara a Lenina, que o considera inmoral, e preso do remordemento por non expresar a súa dor ante a morte da súa nai, busca illarse da sociedade.
Finalmente, Bernard Marx e o seu amigo Helmholtz Watson van o exilio nas illas. Pola súa parte, John establécese nun vello faro na zona rural de Inglaterra. Intenta iniciar unha nova vida como un ermitán, incluíndo a mortificación da carne e a autoflaxelación. Ao pouco tempo comeza a ser acosado por reporteiros da prensa, e finalmente por multitude de visitantes. Estes, Lenina incluída, sucumben a unha orxía de sexo e soma. Á mañá seguinte, presionado pola dolor, o remordemento e a desesperación, suicídase.
Vede este vídeo e coñeceredes mellor o argumento da novela



Pequena biografía



Aldous Huxley naceu o 26 de xuño de 1894 preto de Godalming, Surrey, no sur de Inglaterra, no seo dunha familia ilustre. Estudiou en Eton, un dos colexios elitistas ingleses de máis prestixio. Estando alí contraeu unha doenza na vista da que nunca se recuperaría por completo e que lle fixo abandonar temporalmente os seus estudios así como a idea de dedicarse á medicina. Este trauma, a morte da súa de nai de cancro dous anos antes, en 1908, e mais o suicidio do seu irmán Trevenen en 1914 serán os tres feitos desgraciados que deixarán unha pegada indeleble no xove Huxley.


 Abandonada a idea da medicina, Huxley gradúase en Lingua e Literatura inglesas en Oxford, en 1916, e comeza a dedicarse á actividade que será o eixe central da súa vida: a literatura. Comezou escribindo poesía e mais relatos curtos con pouco máis de vinte anos, pero foi a súa primeira novela Os escándalos de Crome (1921) a que estableceu a súa sona literaria. A esta seguíronlle Feno estrano (1923), Aquelas follas secas (1925) e Contrapunto (1928), todas elas sátiras brillantes nas que Huxley, inxeniosa, mais implacablemente, somete a xuízo os puntos fracos da sociedade contemporánea. 

A obra que nos estamos a ler, Un feliz mundo novo, apareceu en 1932 e debe o seu título a unha cita shakesperiana de A tempestade. Catalogada como unha obra antiutópica, réplica en certa medida da utopía de Wells, constitúe unha sátira adubiada de cruel humor dun mundo futuro, tecnificado e aseptizado ata a náusea. Nela, Huxley emprende un axuste de contas coa civilización tecnocrática da que é orixinario e describe a situación á que tende a sociedade industrializada ó santificar a ciencia e mais a técnica e pólas ó servicio do poder, un poder, por outra banda cada vez máis concentrado, máis reforzado e omnipresente. 


Curiosidades

- A diferenza doutros escritores, Aldous Huxley tivo a enorme sorte de nacer nunha familia moi intelectual: O seu avó foi un afamado biólogo que apoiou as teorías de Darwin, o seu pai foi escritor e dirixiu unha revista, a súa nai foi unha das primeiras muejeres en estudar en Oxford e o seu irmán foi un famoso divulgador científico. De feito, a familia Huxley sempre gozou dunha gran reputación en campos científicos ou literarios.

- Cando tiña 16 anos, sufriu unha enfermidade ocular coñecida como queratite punctata, a cal lle traería graves consecuencias sobre a súa capacidade de visión: Quedou cego durante 18 meses. Durante este tempo, Huxley aprendeu a tocar o piano e a ler o sistema Braille. Aínda así, cando recuperou a vista, un dos ollos quedou practicamente inservible á hora de detectar a luz e no outro só se recuperou parcialmente o don da vista. Moito tempo despois coñeceu unhas terapia médica para devolverlle a vista, anécdota da cal acabou creando un libro titulado A arte de ver.

- Nun primeiro momento, Huxley tiña pensado estudar medicina, ao igual que o seu medio irmán (quen se acabaría convertendo en premio Nobel de medicina). Non obstante, os problemas de visión que comentamos antes impediron que o mozo Aldous puidese dedicarse a esta materia, desviando a súa carreira profesional cara á literatura, campo que finalmente se acabaría convertendo no seu traballo.

- As súas primeiras obras literarias foron pequenas recompilacións de poemas que ía escribindo pouco a pouco. Estas obras, moi pouco coñecidas en xeral, fóronse compaxinando cos primeiros traballos de Huxley, os cales nunca foron do seu agrado: Profesor de francés, traballador no ministro do aire inglés e mesmo nunha planta química, a Brunner Mond (da que se inspiraría á hora de ambientar algunhas novelas). Apenas traballaría uns poucos meses ou anos en cada traballo, nunca lle gustaron.

- Finalmente, Huxley acábase asentando como xornalista e crítico, escribindo sempre baixo o pseudónimo "Antolycus". Dende ese momento, Huxly empezou verdadeiramente coa súa obra literaria, publicando o seu primeiro obra en prosa aos 26 anos. Estas obras eran moi duras coa alta sociedade inglesa: Criticaba a hipocrisía de burgueses e intelectuais, satirizaba a súa forma de vida... Chegaron mesmo a coñecelo como o "enfant terrible" da literatura inglesa.

- Unha das grandes paixóns de Huxley era viaxar. Ao longo da súa vida, foi a Túnez, Singapore, Birmania, Malaisia, Filipinas, China, Xapón, Estados Unidos, o Caribe, Guatemala, Honduras, México, Exipto, Palestina... Ademais, cun Citroën percorreu case toda Europa. Non fai falta dicir que, como é típico en calquera escritor, usaría estas viaxes como inspiración para algunhas das súas obras.

Huxley tamén estivo bastante tempo en España. Nun principio, viaxou a Madrid para visitar o Museo do Prado, pero máis tarde acabaría regresando para asistir a un "Congreso de Cooperación Intelectual" que se celebraba en Barcelona, no cal ía participar. Ademais, aproveitando estes asuntos, viaxou por moitas cidades e provincias do país, dende Sevilla ata Burgos.

- Durante un tempo, Huxley tamén intentou meterse no mundo do cine e Hollywood. Púxose en contacto coa Metro-Goldwyn-Mayer e foi contratado para facer algúns traballos como escritor na elaboración de guións. Non obstante, a súa experiencia co cine non foi demasiado boa. A forma de escribir de Huxley, máis complexa e intelectual, non era a axeitada para o cine que demandaban os magnates de HollywoodHuxley, ao ver que non ía demasiado ben con este novo proxecto, deseguida volveu á súa literatura. Por exemplo, cando debía de asistir a unha serie de reunións para crear o guión de "Alicia no País das Marabillas", Aldous só asistiu á primeira e nunca volveu ás outras catro.

- Unha das características máis destacadas da súa obra e da súa vida en xeral foi o seu interese polo misticismo. Nun principio, cando publicou os seus primeiros libros, non lle interesaba demasiado, pero pouco a pouco foi foille atraendo máis e máis ata que o converteu nunha das súas prioridades. Especialmente, interesouse pola espiritualidade e a filosofía hindú: Empeza a ler literatura mística da India, xúntase con escritores e filósofos desa corrente, comeza a meditar en solitario...

- De Huxley sempre se dixo que foi un escritor con influencias psicodélicas. Se ben é certo que experimentou con diversas drogas como a mescalina, o LSD e a psilocibina, segundo elsó o facía por interese científico: Faino baixo a supervisión dalgún experto, relata en libros as diversas fases que vive, explica como se sente... etc. Por exemplo, cando leu un estudo sobre o uso da mescalina no tratamento da esquizofrenia, Huxley chamou o autor do artigo e díxolle que fose á súa casa porque quería poñer a proba o que se mencionaba no estudo tomando a mescalina por si mesmo.

- Un duro golpe para a súa vida foi a morte da súa esposa por cancro de fígado. Tras 35 longos anos de matrimonio, Huxleypresenciou na súa casa como morría a súa muller. Pasou dous meses en completa soidade, reflexionando e asimilando a morte. Non obstante, cando se recuperou, volveu á actividade de forma moito máis activa que antes: Volve casar cunha violinista e psicoterapeuta chamada Laura Archera, trasládase a Hollywood...

- Se a morte da súa esposa non foi suficiente, unha nova desgracia caeu sobre Huxley: O día 12 de maio de 1961 a súa nova casa enHollywood incéndiase, destruíndo practicamente todas as súas pertenzas e recordos. Unicamente se salvaron da destrución o violín da súa esposa e un manuscrito da súa novela "A Illa". Afortunadamente, o matrimonio sobreviviu ao accidente e puido sobrepoñerse.

- Finalmente, no ano 1960 diagnosticóuselle un tumor na lingua. Os médicos intentaron mantelo san todo o posible a partir da radioterapia, pero dise que Huxley non aguantaba ben estes tratamentos e, ademais, o seu sentido da responsabilidade facía que seguise asistindo a congresos, conferencias, clases... Entre outras cousas, foi a Roma, onde o recibiu o papa Juan XXIII, viaxou a Suecia para asistir á Academia Mundial das Artes e as Ciencias... En definitiva, nin sequera o perigo de morte parou a Huxley, que mesmo publicou outro libro.

- Unha anécdota que conta a súa esposa é que, cando estaba no leito de morte e case sen poder falar ou facer movementos, Huxleylle pediu que lle inxectase 100 microgramos de LSD. Esta petición escribiulla nun pequeno papel á súa esposa, pero quizais a idea xa a tiña pensada dende hai tempo (recordaredes que Huxley quería explorar cientificamente o efecto dos alucinóxenos).

- A morte deste grande escritor chegaría o día 22 de novembro de 1963, aos 69 anos. Un aspecto curioso da súa morte é que morreu xustamente o mesmo día que asasinaron o presidente John F.Kennedy, polo que foi moi eclipsado nos medios. No funeral deHuxley, como ordenara el mesmo no seu testamento, leuse o famoso libro tibetano dos mortos. Deseguido incinerouse o seu corpo.
Entrevista   
Para rematar deixovos este video cunha entrevista có autor:



Ningún comentario:

Publicar un comentario