O SEÑOR DAS MOSCAS

"As bágoas correron dos seus ollos e os saloucos sacudiron o seu corpo. Por vez primeira na illa, abandonouse a eles; eran espasmos violentos que se apoderaban de todo o seu corpo. A súa voz alzouse baixo o negro fume, ante as ruínas da illa, e os outros moitos rapaces, contaxiados polos mesmos sentimentos, comezaron a saloucar tamén. E no medio deles, co corpo sucio, o pelo enmarañado e o nariz goteando, Ralph chorou pola perda da inocencia, as tebras do corazón do home e a caída ao baleiro daquel verdadeiro e sabio amigo."

Ficha técnica




Título: El señor de las moscas
Autora: William Golding
Xénero: Narrativa
Editorial: Alianza editorial






Sinopse



Golding expón a hipotética situación duns rapaces que tras un accidente aéreo quedan atrapados nunha illa sen adultos. Unha illa paradisíaca onde os nenos poidan xogar todo o dia e ser eles mesmos, vivindo aventuras e misterios. Pero por suposto, a illa é real, e as personaxes (de 5 a 12 anos) evolucionan dunha inicial inocencia infantil a una total deshumanización a medida que se desenvolve a difícil convivencia na illa e van xurdindo os conflitos.

Vemos como o que en principio parecía unha sinxela novela de aventuras, ó estilo de las de Xulio Verne ou do Robinson Crusoe de Daniel Defoe , convértese, a medida que nos adentramos na trama, nunha novela de transformación hacia a propia natureza do ser humano e contemplamos como os cativos van perdendo esa inocencia e os instintos máis primitivos se impoñen en loitas de poder, que rematan por desencadear a traxedia final.

Da utopía pasamos á distopía, onde a realidade é oposta a unha sociedade ideal. Para o autor o home non é bo por natureza e, polo tanto, calquera estrutura social creada polo ser humano está inevitablemente corrompida e condenada ao fracaso.




Pequena Biografía

William Golding escritor e poeta inglés, naceu en Newquay o 19 de setembro de 1911. Está considerado como un dos grandes autores en lingua inglesa do s.XX.

De familia moi activa social e politicamente, estudou en Oxford literatura inglesa, publicando o seu primeiro poemario en 1934. Tras a Segunda Guerra Mundial, na que participou como membro da mariña británica, logrou publicar en 1954 a súa primeira e máis coñecida novela, titulado O señor das moscas.

A partir desta obra, Golding pasa a dedicarse á literatura e a desenvolver varias teorías tanto políticas como sociais e literarias relacionadas con O señor das moscas. Do resto da súa obra destacan obras como Martín o náufrago ou a triloxía dos Ritos de Paso.

Entre outros premios e galardóns, Golding logrou o Premio Nobel de Literatura en 1983 pola súa capacidade para unir tanto a escura realidade do ser humano cun vibrante espírito de aventuras. Cinco anos máis tarde foi ordenado Cabaleiro da Orde do Imperio Británico.

William Golding morreu en Perranaworthal o 19 de xuño de 1993, deixando inacabada a súa última novela, A lingua oculta.


Adaptacións da novela

O Señor das moscas serviu de inspiración para toda unha serie de obras de teatro, composicións musicais, series e películas. A primeira adaptación desta novela ao cine foi nos anos 60 e a última en 1990. aquí déixovos unha das escenas máis significativas desta versión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario