DRAGAL, A HERDANZA DO DRAGÓN


Ficha técnica

Título: Dragal
Autora: Elena Gallego Abad
Xénero: Narrativa fantástica
Editorial: Xerais







Sinopse

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de Dragal , o dragón galego.

Pequena biografía

Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.
Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense.
Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas.
Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010.

Obra literaria


  • Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
  • Dragal II. A metamorfose do dragón2011, Xerais.  
  • Dragal III. A fraternidade do dragón2012, Xerais.
  • Sete Caveiras, 2013, Xerais


Premios


  • Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. Finalista do IV.
  • Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón.
  •  Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.


Se queres saber máis sobre Dragal e a súa autora Elena Gallego, visita a súa páxina web:  http://www.elenagallego.es/2/

Ningún comentario:

Publicar un comentario