O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

Co o señor Ibrahim dábame conta de que os xudeos, os musulmáns e mesmo os cristiáns, tiveran unha chea de grandes homes en común antes de enlearse a paus.




Ficha técnica




Título: O señor Ibrahim e as flores do Corán
Autor: Eric-Emmanuel Schmitt
Xénero: Narrativa
Editorial: Kalandraca

Sipnose



O señor Ibrahim e as flores do  Corán describe a amizade que se establece entre dúas soidades, unha que empeza a vivir e outra que se atopa ao final do percorrido. Entre un neno, Momo, que foi abandonado por un pai inepto, e un ancián, Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutineira detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. O neno é xudeu e o tendero musulmán. Pero as súas diferentes orixes non teñen ningunha importancia, o esencial é que son complementarios. O neno dálle ao señor Ibrahim unha última xustificación na súa
vida, e o ancián lle infunde a Momo a confianza plena de sabedoría que necesita para o seu crecemento interior. Unha relación intelixente, por tanto desbordante de sensibilidade e de humor.
Este non é un libro, como poidese parecer polo título, que teña que ver coa relixión tal como adóitase entender, ten máis que ver coas flores, que tamén figuran no título, as flores da razón, da liberdade. Ibrahim é un home respectuoso do Corán pero as súas crenzas non menoscaban en absoluto o seu humanismo, a súa filosofía da vida, a que transmite sabiamente a Momo. 
Momo é un neno que vive só nunha casa da rue Bleue onde o señor Ibrahim tamén ten a súa pequena tenda. As súas primeiras vivencias vai experimentar nese pequeno universo de barrio pobre parisiense: o egoísmo e a indiferenza do pai que o abandona, o seu primeiro amor e a súa primeira decepción cunha veciña da súa idade e o sexo coas compracentes mulleres que exercen a prostitución diante da súa casa. Ibrahim ensinaralle outras cousas importantes do mundo.


Pequena biografía


Éric-Emmanuel Schmitt é un escritor e dramaturgo francés. Nacido en 1960, licenciado na prestixiosa Ecole Normale Supérieure de París, catedrático de filosofía, doutor, Eric-Emmanuel Schmitt dáse a coñecer primeiro no teatro co Visitante (1993), que xa se converteu en todo un clásico do repertorio internacional. Séguenlle outros éxitos: Variacións enigmáticas (1996); O libertino (1997); O hotel dos dous mundos (1999); Pequenos crimes conxugais (2003)... Aplaudidas tanto polo público como pola crítica, as súas obras víronse recompensadas por varios premios César e polo Gran Premio do Teatro da Academia Francesa
Escribiu un conxunto de cinco relatos sobre a infancia e a espiritualidade, cun gran éxito tanto en escena como nas librerías: Milarepa (1997); O señor Ibrahim e as flores do Corán
(2001); Óscar e Mamie Rose (2002); O fillo de Noé (2003) e O sumo que non podía engordar (2009). A súa carreira de novelista iniciada co Seita dos egoístas (1994), prosegue co O evanxeo segundo Pilatos (2000), obra luminosa que atopa o seu contrapunto escuro co A parte do outro (2001). Despois, debémoslle unha variación fantástica e contemporánea sobre o mito de Fausto, Cando eu era unha obra de arte (2002) e unha autoficción, A miña vida con Mozart (2005), unha correspondencia íntima e orixinal co compositor vienés. Tamén publicou antoloxias de relatos: O libro máis belo do mundo (2006) e A soñadora de Ostende (2007). En Ulysse from Bagdad (2008), entréganos unha epopea picaresca e contemporánea, onde interroga á condición humana. 
Escribiu e dirixiu dous largometraxes: Odette unha comedia sobre a felicidade e Óscar e a dama rosa
Amante da música, tambien traduciu ao francés as Vodas de Fígaro e Don Giovanni. Vive en Bruxelas.
  • CURIOSIDADES
  • O personaxe de Momo está inspirado na vida do actor ao que Eric-Emmanuel Schmitt dedica o texto, Bruno Abraham-Kremer.
  • Segundo o propio escritor, "Na figura de Señor Ibrahim hai moito do meu avó. Non era nin tendero nin musulmán, pero era un home inmóbil. Era engastador, fabricaba xoias. As súas palabras sempre estaban cargadas de significado, do mesmo xeito que os seus silencios. As súas frases sempre eran breves. Dicía cousas intelixentes aínda que sinxelas, que lle saían do corazón."
  • O libro foi levado o cine co mesmo título no 2002. O actor Omar Sharif interpretou o papel do señor Ibrahim e Pierre Boulanger o papel de Momo.
  • No guión da película participou Eric-Emmanuel Schimitt.
  • Hai unha obra teatral da novela feita polo autor.
  • FRASES DO LIBRO
  • "Sorrir élle cousa de xente rica, señor Ibrahim. Eu non podo".
  • "-É impresionante, señor Ibrahim, o pobres que son os escaparates dos ricos. Non hai nada neles.//- Iso é o luxo, Momo, nada no escaparate, nada na tenda, todo no prezo".
  • "Un home pasa a vida soamente en dous lugares: na súa cama ou nos seus zapatos".
  • "Cando se quere aprender algo, non se colle un libro. Fálase con alguén. Eu non creo nos libros".
  • "A beleza, Momo, está en todas partes. Alí a onde dirixas os ollos. Iso está no meu Corán".
  • "O que ti das, Momo, é teu para sempre; o que gardas, está perdido para sempre!".
  • "Momo, o silencio tamén é unha resposta".
  • "Cando queres saber se estás nun sitio rico ou pobre, miras para as papeleiras. Se non ves nin lixo nin papeleiras, é un sitio moi rico. Se ves papeleiras e non lixo, é rico. Se ves lixo o carón das papeleiras, non é nin rico nin pobre: é turístico. Se ves o lixo sen as papeleiras, é pobre. Ese a xente vive entre o lixo, é moi moi pobre".
  • "As autoestradas din: pase, non hai nada que ver. Son para os imbéciles que queren ir o máis rápido posible dun punto a outro".
  • "A lentitude, iso é o segredo da felicidade".
  • "O corazón dun home é coma un paxaro encerrado na gaiola do corpo".
  • "Bules demasiado Momo. Se queres ter amigos, compré non bulir tanto".
  • "Hai infancias que se deben abandonar, infancias das que cómpre curarse".

Se queres saber máis sobre eric- Emmanuel Schmitt podes visitar a súa páxina Web:




Ningún comentario:

Publicar un comentario