CATHERINE

Con lentes non se fai ballet. Recordo que na época de Madame Dismailova pasábame o día enteiro facendo prácticas de non levar lentes. Os contornos das persoas e das cousas perdían por completo a súa definición; todo volvíase borroso e ata os mesmos sons facíanse cada vez máis apagados. O mundo, cando o vía sen lentes, xa non tiña asperezas, era tan suave e tan acariciante como unha grande almofada de penuxe na que apoiase a miña meixela, e remataba por durmirme.

-En que soñas, Catherine? -preguntábame papá-. Deberias ponerche as lentes.

Eu obedecíalle e todo recuperaba a súa dureza e a súa precisión habituais. Coas miñas lentes vía o mundo tal como é. Xa non podía soñar.



Ficha técnica



Título: Catherine
Autor: Patrick Modiano
Ilustrador: Sempé
Xénero: Narrativa
Editorial: Blackie Books

Sipnose




Catherine, unha nena con lentes, vive soa en París co seu pai dende que a súa nai, unha bailarina sen moito éxito, os deixara para instalarse en Nova York. O seu pai traballa nun almacén como intermediario en negocios pouco claros. Dende as ventás do piso de arriba, onde viven, Catherine observa o incesante entrar e saír de caixas e paquetes. O socio do negocio é un pedante que se dá aires de poeta e a quen o seu pai aguanta porque, nunha ocasión, o salvou "das garras da xustiza". Pode que a vida sexa dura, pero Catherine comparte co seu pai, que tamén leva lentes, unha dobre visión do mundo: o real e outro "suave e acariciante como unha grande almofada de penuxe", cando ambos os dous quitan os lentes. Entón detense o tempo e todo está ben.



Catherine apúntase a clases de ballet, mentres espera que chegue o día en que viaxen a América para reunirse coa súa nai, que lles escribe todas as semanas. En ballet, faise amiga dunha nena rica, que a invitará a unha festa que dan os seus pais no elegante barrio de Neuilly. Entusiasmado polos contactos que pode facer, o pai de Catherine preparará con gran coidado a súa asistencia á festa en compañía da súa filla. Moitos anos despois, coa suave indeterminación da memoria, Catherine recordará o que sucedeu dende o seu piso en Nova York.



Pequena biografía



Patrick Modiano naceu o día 30 de xullo do ano 1945 no municipio de Boulogne-Billancourt, en Francia. É un prestixioso escritor, gañador do Premio Nobel de Literatura do ano 2014.
Era fillo de Albert Modiano, empresario, e de Louisa Colpijn, unha actriz belga máis coñecida co nome de Louisa Colpeyn. Os traballos dos seus proxenitores obrigábanos a continuas ausencias, o cal motivou que Patrick estivese moi unido ao seu irmán, Rudy, que morreu aos 10 anos, o que afectou en gran xeito ao futuro escritor.

Cursou o bacharelato en prestixiosos colexios, pero non quixo proseguir estudos universitarios. A súa nai era moi amiga do escritor Raymond Queneau, un personaxe que foi decisivo para que Modiano decidise ser tamén escritor.




No ano 1968, o mozo Patrick publica a súa primeira novela, O lugar da estrela, ambientada na ocupación de Francia polos nazis, unha temática moi frecuente nas obras de Modiano. Esta novela, xunto a Os bulevares perifèricos e A rolda de noite, están consideradas como a Triloxía da Ocupación.
No ano 1975 publicou Vila Triste, que foi levada á gran pantalla no ano 1994 co título de O perfume de Yvonne. Anteriormente, no ano 1981, xa fora levada ao cine a súa novela Unha xuventude e posteriormente seríano outras, como Domingos de agosto, na que o director Manuel Poirier se inspirou, no ano 2001, para a realización da súa película Te quero.
No ano 1977 sae á luz Libro de familia, unha colección de relatos curtos nos que narra a historia da súa familia. E no ano 1978 edita Rúa das tendas escuras, novela que consegue, ese mesmo ano, o Premio Goncourt.



A obra de Patrick Modiano é moi prolífica, e entre o seu gran número de novelas non citadas, destacaremos a xeito de exemplo algunhas como Barrio perdido, Catherine, Redución de condena, O canto dos nenos, Flores de ruína, No café da xuventude perdida ou A herba das noites, entre moitas outras.
Modiano colaborou así mesmo na creación de guións para a gran pantalla, como os das películas Lacombe Lucien e Pascal Aubier, ambas as dúas do director Louis Malle, ou da pelicula Bonvoyage, un grande éxito de despacho dirixida por Jean-Paul Rappeneau.
Foi merecedor dun gran número de premios e recoñecementos, entre eles o Gran Premio de Novela da Academia Francesa pola súa obra Os bulevares periféricos, ou o xa mencionado Premio Goncourt por Rúa das tendas perdidas.
O día 9 de outubro do ano 2014, a Academia Sueca fixo entrega a Patrick Modiano del Premio Nobel de Literatura.



Se queres saber máis sobre o autor  vota unha ollada a esta páxina da UNED de Calatayud onde poderás atopar máis detalles da vida e da obra do autor e coñecer algunhas curiosidades:
Tamen podes ler estas entrevistas publicadas no xornal El País:
E por ultimo aquí tedes un video onde Modiano fala sobre o escritor e a palabra 



Ningún comentario:

Publicar un comentario