AS VACACIÓNS DO NICOLASIÑO

Todos os anos, é dicir, o pasado e o outro, porque antes hai moito tempo e non me acordo, papá e mamá énchense de rifar para saber a onde imos de vacacións, e despois mamá bótase a chorar dicindo que ela vai para a casa da súa nai e eu choro tamén, porque lle quero moito á avoa, pero na súa casa non hai praia, e ao final imos a onde quere mamá e non é a casa da avoa.





Ficha técnica




Título: As vacacións do Nicolasiño
Autor: René Goscinny
Ilustrador: jean-Jacques Sempé
Xénero: Narrativa
Editorial: Alfaguara

Sipnose





Todo empezou o día que tiñan que elixir onde ían de vacacións. Este ano tocáballe elixir o pai de Nicolás, pero torcéronse as cousas e como sempre volveu elixir a nai, elixiu un hotel dunha aldeíña de Inglaterra.  
Nicolás pasoullo moi ben cos seus amigos novos, un dos seus amigos do hotel parecíase moito a Alcestes, xa que era moi gordo e comía moito. Fixeron moitas trastadas como: pegarse cos outros nenos doutros hoteis, tirar cinceiros e pratos do restaurante, provocaron o despedimento do profesor de ximnasia que tiñan na praia... Polo que sempre quedaban sen sobremesa, xustamente os días nos que había torta de chocolate. Os pais de Nicolás coñeceron a un matrimonio, cos que quedaron para ir á Illa de Brumas. Mentres chegaban o pai de Nicolás e o outro home puxéronse a contarse chistes, e
as nais a falar, non puideron facer a viaxe porque o capitán do barco púxose enfermo, o que ha Nicolás non lle gustou. O día no que se tiñan que ir Nicolás despediuse de todos os seus amigos, e volveu á súa casa, os seus amigos do colexio aínda non chegaran de vacacións e aburriuse moito.
Como este ano as vacacións non foron como esperaban, pensaron que para o ano que vén mandarían a Nicolás de colonias, e así o fixeron. O día que tocaba irse no tren cos demais nenos, formouse un gran balbordo na estación, a cada neno caíaselle a maleta e a Nicolás esquecéuselle no coche. Cando se foron todos os pais puxéronse a chorar mentres que eles pasárono bomba cos seus novos amigos novos. No tren, fixeron equipos e o seu chamábase "ollo de lince", no seu equipo había un neno con lentes que choraba moito que se parecía a Agnan, un neno da súa clase moi listo que era o olliño dereito da profesora. Tiñan un monitor de 16 anos, ao que chamaban xefe. Sempre era o mesmo levantarse moi pronto, vestirse, almorzar, ir á praia, comer, botarse a sesta. Isto último a Nicolás non lle gustou nada polo que mandou varias cartas aos seus pais pedindo que puxesen unha queixa.
Un día, mandáronos a durmir pero ao pouco tempo o monitor chamounos dicindo que había xogo nocturno, tiñan que atopar ao secretario do campamento, que estaba nalgún lugar do bosque cunha bandeira, o primeiro equipo que conseguise a bandeira gañaba o xogo, púxose a chover e non puideron atopar ao secretario do campamento. Ao día seguinte, déronse conta que o secretario non volvera, máis tarde decatáronse que se perdeu polo bosque e acabou nunha granxa, onde o granxeiro levouno ao campamento co coche. Tocaba irse e Nicolás fixo o mesmo que no hotel, despediuse de todos os seus amigos e abrazou moi forte aos seus pais que lle esperaban na estación. Como de costume Nicolás deixouse a maleta na estación. 
Nicolás cando volveu como non volvera aínda ningún amigo seu e estaba moi pesado os seus pais mandárono coa súa veciña, que tiña unha filla da súa idade coa que o pasou moi ben ata que volveron os seus amigos.



Pequena biografía do autor




René Goscinny naceu o 14 de agosto de 1926 en París. O seu pai nacera en Varsovia, e a súa nai era orixinaria de Ucraína, René Goscinny marchou cos seus pais a Arxentina en 1928 e pasou a infancia entre Buenos Aires e a Pampa.
En decembro de 1942 aprobou o bacharelato. O seu pai morreu unha semana despois e Goscinny non tivo máis remedio que buscarse rapidamente un emprego. En outubro de 1945 recibiu carta dun tío seu instalado en Estados Unidos e marchouse a Nova York. Uns meses
máis tarde, o exército norteamericano ordenoulle incorporarse a filas. Pero como conservara a súa primeira nacionalidade Goscinny solicitou facer o servizo militar en Francia.
Despois dun ano de servizo á patria, volve a Nova York e en 1949 coñece a novos debuxantes norteamericanos, como Harvey Kurtzman, Willy Elder e Jack Davis, quen, uns meses máis tarde, fundan a revista Mad. En Europa, traballou na axencia de prensa belga World Press, que o destinou a París. Foi alí onde tivo o encontro, decisivo para o desenvolvemento da súa carreira, co debuxante Uderzo.
Colaboraron na animación de varias historias e Goscinny deixa o debuxo para dedicarse exclusivamente aos textos. Foron despedidos en 1955 da empresa
para a que traballaban, Edicións Dupuis, por tentar crear un sindicato, Goscinny e Uderzo crean unha sociedade de Prensa, Edipresse/Edifrance.
Tras facer varias publicacións, lanzaron en 1959, a revista Pilote, onde se publicaron As aventuras de Astérix. Escritas por Goscinny e debuxadas por Uderzo, gozaron dun éxito sen precedentes na historia do cómic francés. Ademais de Astérix, Goscinny creou outros personaxes, entre eles Lucky Luke, en 1955, co debuxante Morris; O pequeno Nicolás, en 1956, xunto a Sempé; Modeste et Pompon, con Franquin; Iznogud, en 1962, con Tabary.
Goscinny, que estivo á fronte da revista Pilote desde a súa creación ata 1974, facilitou a publicación a innumerables novos creadores do cómic francés.
René Goscinny faleceu en París dun paro cardíaco o 5 de novembro de 1977. 




  • Obras

  • Dick Dicks — 1951
  • Astérix o Galo — 1959-1977
  • Lucky Luke — 1955-1977
  • O pequeño Nicolás — 1955-1964
  • Oumpah-pah — 1958-1962
  • Iznogud — 1961-1977
  • Jehan Pistolet — 1952-1961
  • Bill Blanchart — 1954
  • Signor Spaghetti — 1956
  • Monsieur Tric — 1956
  • Les Dingodossiers — 1965-1967



Pequena biografía do ilustrador





Jean-Jacques Sempé naceu o 17 de agosto de 1932 en Burdeos é un debuxante de historietas francés. Acostuma a asinar os seus traballos simplemente co seu apelido Sempé. 
Empezou a súa carreira como ilustrador de prensa colaborando en moitas revistas e diarios, á vez que traballaba en historietas franco-belgas. As súas acuarelas, onde os seus personaxes practicamente non falan, gañaron a atención internacional pola súa
facilidade para levar mensaxes a pesar da súa simpleza. Debuxou durante moitos anos para revistas de prestixio como Paris Match e a satírica The New Yorker. É famoso polos seus carteis, os seus libros de debuxos humorísticos e polo seu personaxe O pequeno Nicolás (Le petit Nicolas), baseado en recordos da súa infancia e que empezou a publicar a partir de 1950 xunto con René Goscinny, o guionista de Astérix e Lucky Luke, entre outros. O París que debuxa Sempé está protagonizado por edificios, sombras e luces, patinadores, parellas pelexadas e namoradas, xente paseando cans, balcóns de ferro, homeciños e mullerciñas, policías, Citroëns. Un conxunto que presenta un París real e ás veces esgotador de tan caótico. 
Feitos cun trazo elegante e preciso, talvez moi francés, Sempé fai simple o sublime. Os seus pequenos personaxes, aos que trata con tenrura, están sempre envolvidos nunha contorna que os supera, a través deles Sempé elabora unha crítica lúcida e constante da sociedade. Isto vese en libros da súa soa autoría como Nada é simple (1962), Todo complícase (1962), O gran pánico, ou A ascensión do señor Lambert (1974), entre moitos outros.





Se queres saber máis sobre René Goscinny e René-Jacques Sempé podes visitar estas páxinas web:


E por último deíxovos un  video cunha pequena montaxe do libro:


Ningún comentario:

Publicar un comentario